Estás en:Emprego Novas

A Deputación licita por 425.082 euros as obras de mellora da seguridade na estrada DP-5201 de Muxía a Touriñán pola costa

Construirase unha glorieta na intersección que comunica os lugares de Serantes, Cartel e O Vilariño e coa DP 2303

Renovarase o firme dos primeiros 2,5 quilómetros do vial

A Deputación licita por 425.082 euros as obras de mellora da seguridade na estrada DP-5201 de Muxía a Touriñán pola costa

A Deputación da Coruña vén de publicar a licitación das obras de mellora da seguridade da estrada provincial DP 5201 de Muxía a Touriñán pola costa, cun orzamento de 425.082,35 euros.

As obras consistirán na execución dunha nova rotonda á altura do punto quilométrico 2+475, na actual intersección que comunica este vial coa estrada municipal que dá acceso aos lugares de Serantes, Cartel e O Vilariño e coa estrada DP 2303.

O cambio desta intersección por unha glorieta proporcionará unha mellora na seguridade neste punto e unha mellor ordenación do tráfico rodado. A rotonda terá un diámetro máximo de 30 metros, cunha calzada anular de 8 metros de ancho e un diámetro central de 11 metros. Ademais, estará iluminada cunha luminaria de 3 brazos situada na isleta central.

Ademais renovarase o firme nos primeiros 2,5 quilómetros da vía cunha nova capa de mestura bituminosa en quente que substituirá o firme actual de regos con grava.

O proxecto incluirá a resposición das marcas viais, así como a instalación de nova sinalización horizontal e vertical da glorieta.

As empresas poden presentar as súas ofertas ata o 29 de maio. O prazo de execución das obras será de cinco meses.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X