Estás en:Emprego Novas

Matilde Felpeto Lagoa

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Matilde Felpeto Lagoa

Obra

Matilde Felpeto Lagoa (Cervás-Ares, 1947) é unha escritora galega especializada en libros de gastronomía.

Licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela. Iniciou a súa traxectoria profesional como funcionaria no Instituto Nacional do Libro Español (INLE), en Madrid. Encargada da redacción dos primeiros catálogos de libros escritos en galego publicados polo INLE. Pide a excedencia como funcionaria para dedicarse ó ensino. Exerceu como profesora de bacharelato e impartiu clases de Lingua e Literatura Españolas.

Estudosa da gastronomía tradicional e popular galega, como autora, tense dedicado ao estudo e investigación sobre a tradición gastronómica galega. É autora de varios volumes de libros de culinaria nos que se ocupa de localizar as receitas e os ingredientes que as compoñen na historia e na tradición e tamén como foi a súa evolución, tanto por razóns históricas como tecnolóxicas. Escribe en galego e en castelán.

Obra

• Recetas de la cocina familiar gallega (Nigra Trea, 2002) [GAL/16754]
• Cociñar con albariño (Nigra Trea, 2007) [GAL/13354]
• Recetas de repostería tradicional de la cocina gallega y portuguesa (Nigra Trea, 2012) [GAL/16755]
• 40 menús para 40 banquetes (Nigra Trea, 2012) [3M/32107]
• El capón de Vilalba y su cocina (Trea, 2009)
• O polbo e a súa cociña (Xerais, 2014) [GAL/16895 e En Dixital]
• Cociña Galega Tradicional. Receitas, tradición, historia e evolución (Xerais, 2017) [GAL/16980]
• Doces e lambetadas. Receitas con historia (Xerais, 2021) 

Premios

Accésit no Premio Nacional de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro, 2010
 1º Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro, 2018.

Sobre a autora:

1689586136641.jpg

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X