Estás en:Emprego Novas

Carme Varela

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Carme Varela

Obra

Carme Varela, xestora cultural e autora teatral, naceu en Duomes, A Baña.

Licenciada en Filoloxía Galega, completou a súa formación cun mestrado en xestión cultural na Universidade de Barcelona no ano 2000.

A súa conexión co teatro comezou na época de estudante, no grupo universitario EIS e na compañía Os Quinquilláns. Rematada a carreira, compaxinou traballos na Fundación Castelao como secretaria técnica con outros no campo da produción e distribución teatral coas compañías Ollomol Tranvía e Mofa e Befa. Tamén traballou na empresa de servizos teatrais RTA.

Foi directora de produción no Centro Dramático Galego e, dende o ano 2007, a súa vida laboral está ligada á empresa de comunicación Atlantis Multimedia, onde participou en proxectos de publicidade ou na produción de películas documentais como A Palabra Xusta, dirixida por Miguel Piñeiro.

"As desterradas" é o seu primeiro texto teatral e foi creado como unha actividade para desenvolver no seo da asociación de patrimonio medieval O Sorriso de Daniel, da que é secretaria, e que axudou a fundar en 2010.

Obra

  • As desterradas (Xerais, 2021) [GAL T 5]
  • Faise escuro (Edicións Positivas, 2023)

Premios

    • XXV Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais 2020 (por As desterradas)
    • Premio Follas Novas de Teatro 2022 (por As desterradas)
    • VI Premios Selic 2022 (por Faise escuro)

Sobre a autora:

Xerais. Ficha da autora 

Voz de Galicia (27/04/2022) Nova 

SELIC. Nova 

Concello de Santiago. Novas 

Colaboracións no xornal Mundiario 

Sobre "As Desterradas":

Ao mosteiro de Albeos, situado entre as fortalezas de Melgaço en Portugal e a de Fornelos en Galicia, chega unha carta da raíña Xoana de Castela. A pequena comunidade de monxas vese sacudida por unha sentenza que, ao parecer, é xa inapelable e, escena a escena, vaise descubrindo a traxedia que estas monxas están a vivir.

"As desterradas" adéntrase no enfrontamento desatado entre a Coroa de Castela e os mosteiros bieitos galegos nos séculos XV e XVI. Unha historia de resistencia protagonizada por un pequeno grupo de monxas que mantiveron unha valente e desigual pelexa cos grandes poderes do seu tempo: a coroa e o papado.

A peza recrea eses días finais no mosteiro de Albeos, dos que non chegou documentación a nós porque, como o Padre Colombás deixou dito, os documentos comprensiblemente escasean porque ninguén ten interese en conservar papeis ou pergameos embarazosos. Lonxe quedaba o tempo no que os abades de San Bieito de Valladolid se queixaban amargamente do apoio da curia romana ás monxas galegas: "cada hora nos dicen que nos han de destruir como los templarios, y aun por tales y peores nos tienen. Pues nuestro santísimo padre el Papa nunca nos llama sino herejes".

XMEYRE. Ferradura en Tránsito II: Crítica de AS DESTERRADAS, de Carme Varela (23/03/2022) [Artigo]

ACLP ROXIN ROXAL. As desterradas de Albeos, con Carme Varela (04/06/22) [Vídeo]

Ateneo de Santiago. Presentación do libro «As desterradas» de Carme Varela [Vídeo]

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X