Estás en:Emprego Novas

Marta Villar

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Marta Villar

Obra

Marta Villar

Marta Isabel Villar Rodríguez, coñecida como Marta Villar, naeu en Malpica e é unha xornalista e escritora galega.

Activista en prol do feminismo, escribe poesía e relatos, cos que ten colleitado premios tanto en galego como en castelán. Este ano publicou a súa primeira novela escrita en galego e na actualidade é redactora do xornal La Opinión da Coruña.

Obra

Non temerás os coches amarelos (Xerais, 2023) [GAL N 83] e na eBiblio

Sinopse: A vida de Dina Souto, que traballa como bolseira nun xornal, abala nunha contradición permanente: intentar ser unha persoa normal ou deixarse levar pola violencia brutal que prendeu nela durante a infancia e que lle gusta máis do que quere recoñecer. O asasinato que presenciou sendo cativa e a pertenza a unha entidade secreta son elementos que se cruzan cunha traxedia persoal e un amor eterno que parece imposible. Cun estilo rotundo, directo e moi estilizado, en «Non temerás os coches amarelos» preséntasenos a militancia da protagonista contra o machismo, a súa crenza na violencia para erradicar a violencia, pero tamén a vida da última xeración que estivo en contacto coa terra, o elo entre a Galicia rural e a Galicia urbana, as experiencias dos emigrantes nas plataformas de petróleo ou dos que traballaban nas minas de volframio. Historias da vida que se mesturan coas historias que se viven, e se escriben, cada día nun xornal.

Premios

2020: Premio Tiflos de Xornalismo, por Mi madre aprende a dibujar.
2020: Finalista no XLI Premio de Xornalismo Julio Camba Afundación por Mi madre aprende a dibujar.
2021: Finalista certame de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal.
2021: Finalista no Premio de Poesía Gloria Fuertes do Concello de La Rinconada (Sevilla).
2022: Finalista certame de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal.

Artigos e entrevistas

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X