Estás en:Emprego Novas

María del Carmen Rey Núñez

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

María del Carmen Rey Núñez

María del Carmen Rey Núñez

María del Carmen Rey Núñez (Maricarmen do Ancho de Lugarnovo, como agarimosamente a coñecen os seus veciños) naceu no concello de Mazaricos, e é unha gandeira e escritora galega.

Dedicou a súa vida laboral ao coidado dunha explotación gandeira, e a súa gran afección pola literatura fixo que se metese de cheo neste mundo. Este ano vén de publicar a súa terceira novela.

Obra

• As arelas de Mariña (Toxosoutos, 2023)
• 
Mulleres (Toxosoutos, 2018) [GAL N 109]
• 
Escapados (Toxosoutos, 2017)

Escapados. Narra a acción que se inicia co estoupido da Guerra civil española e se prolonga ao longo duns vinte e tantos anos. Un tempo de grandes miserias económicas e fortísimos antagonismos políticos que sacou o mellor e o peor do ser humano. Por estas augas turbulentas e alodadas navegan, nunhas condicións de extremada violencia, as personaxes creadas pola autora. E fano arredor do Pedregal do Pindo, un entorno xeográfico abrupto e bravío que contribúe coa súa singular topografía ao dramatismo da historia. Unha historia, a dos Fuxidos, que dan para centos de novelas.

Mulleres. Pode unha muller escapar dun destino marcado pola adversidade? Pode ese destino herdarse por liña materna?
Esta novela é unha historia centrada nas vidas de varias mulleres e en como se fan coas rendas da súa existencia arrepoñéndose a todo ao que o mundo as condenou. Mulleres que levantan a cabeza, que saen adiante polos seus propios medios, mulleres que se enfrontan aos seus medos e que conquistan un futuro mellor sacando as unllas, erguendo a voz.

As arelas de Mariña. Mariña é a protagonista da novela, non coñeceu o amor dos seus proxenitores. Era unha empregada quen a atendía e lle daba agarimos. Con todo, ela fixábase no proceder dos seus. Sobre todo, no da avoa materna, á que consideraba excepcional, soberbia. De maior, quería ser coma ela.

Xa no reloxo, na compaña de dona Celia, a súa tartaruga, tentou materializar todos os seus anhelos; incluso o de namorar a don Amador, o crego. As monxas xa non sabían a que santo rezar. Raro era o día que a nena non argallase unha desfeita.

Recursos

Voz de Galicia (05/03/2019)

Voz de Galicia (18/12/2020)

Que pasa na costa

Correo TV

A.C. Alexandre Bóveda

Caderno da Crítica

Radio Galega. Diario cultural (09/11/2017)

Nas Redes

INSTAGRAM: https://www.instagram.com/mariadelcarmenreynunez/
FACEBOOK: https://www.facebook.com/mariadelcarmen.reynunez

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X