Estás en:Emprego Novas

Mary Quintero

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Mary Quintero

Obra

Mary Quintero

María del Carmen Quintero Corredoira (nada en Melide) foi a maior de catro irmáns nunha familia dedicada á fotografía. O seu pai, Aurelio, e a súa nai, Amadora, posuían un estudo onde a precoz fotógrafa medrou aprendendo técnica e arte a un tempo. A súa nai destacara na técnica de dar cor a fotografías en branco e negro, técnica artística moi en boga antes da Primeira Guerra Mundial e da que en Galicia non se coñecen outros precedentes de mulleres que a practicasen. Sendo aínda adolescente, estudou en Madrid retoque fotográfico con Pedro Jaraba e pintura con Carlos Pascual de Lara. Nesa etapa coñeceu o fotógrafo húngaro Juan Gyenes.

Mary Quintero foi o seu nome profesional desde a súa primeira exposición, cando tiña 16 anos, no Círculo das Artes de Lugo, a onde se trasladara o estudo familiar. No 1954 trasladouse a Vigo, logo de facer varias exposicións de moito éxito. 

Interesada polos grandes avances técnicos que experimenta a fotografía na segunda metade do s. XX, foi incorporando novidades ao seu traballo, entre elas salienta un proxector de fondos que chamou moito atención pola importancia para ambientar as súas composicións fotográficas.

Desde os anos 70, foi frecuente a súa presenza en encontros profesionais en España e no exterior. Alén de ser considerada unha notable cronista da sociedade do seu tempo, fixo incursións no cartelismo ao recibir o encargo de facer as fotografías de candidatos a diferentes convocatorias electorais.

Colegas seus coma Schommer, Maspons, Lucas ou Vargas tiveron en alta consideración a súa figura, que tamén acadou o recoñecemento institucional co nomeamento como Viguesa Distinguida e coa Medalla de Bronce da Xunta de Galicia, entre outros.

Obra

  • Álbum de carnaval (Grupo foto, 1987). [ML/304]

  • Así os viu a súa cámara (Concello de Vigo, 1995). [ML/2265]

  • Mary Quintero, retratista desde os 15 anos (Xerais, 2015). 

Premios

1981. Premio "Mejor Fotógrafo de España", outorgado no II Congreso Nacional de Fotografía celebrado en Oviedo.
1981. 
Granada de Oro da asociación Profesional Andaluza.
1984. 
Medalla Meritxell do Principado de Andorra.
1985. Premio "
Master de popularidad".
1986. Premio "
La novia del año Kodak " patrocinado por Kodak e Pronovias.
1988. Premio "
Libro del Año" de imaxes polo seu libro Álbum de carnaval.
1994. Premio 
Viguesa Distinguida, outorgado polo Concello de Vigo.
2001. 
Medalla de Ouro e Brillantes de Sevilla.
2002. 
Medalla de Bronce de Galicia, outorgada pola Xunta de Galicia.
2005. Elixida Profesional d
o ano (Óscar 2005) pola revista Foto Ventas dixital.
2006. 
Medalla de Ouro da Comunidade Valenciana como homenaxe a toda a súa carreira.
2015. A 
Deputación da Coruña recoñeceuna como "Fotógrafa histórica", sendo a primeira muller en recibir este nomeamento.
2017. 
Premio Empresarias Galicia, outorgado pola Asociación Empresarias Galicia.​

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X