Estás en:Emprego Novas

Pilar García Rego

#AVoltaÁProvinciEn52Autoras

Pilar García Rego

Obra

Pilar García Rego

Pilar García Rego, nada en Cacheiras (Teo) é unha xornalista, presentadora e escritora galega.

Traballa como xornalista e comunicadora na TVG desde 1989. Tomou parte, entre outros, en programas culturais como Cousas da lingua, Alalá, No bico un cantar e Zigzag Diario. Na escrita de ficción publicou o guión A casa do barqueiro, proxecto de longametraxe (2002), foi guionista/editora de series de televisión como Rias Baixas, Libro de familia e O faro.

Entre 2006 e 2013 presentou máis de douscentos programas de Alalá, un dos espazos máis premiados da canle: gañou o Premio da Comunicación 2007, o Premio da Crítica de Galicia en 2007, Premio da Aula Gómes Mouro, Premio Recuncho da Palleta, Premio da Academia Española de TV, Premio Constantino Bellón. Foi redactora do programa de música No bico un cantar dende o 23 de setembro de 2013.

Desde 2013 presenta Zigzag diario, espazo cultural gañador de cinco Premios Mestre Mateo consecutivos, o premio da Gala do Libro Galego ou o Martín Códax a mellor programa de música.

Obra

    • Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros (Xerais, 2019) [GAL/17259] e na eBiblio

Os versos de Sandalias verdes, zapatos azuis e cans negros flúen do goce do tempo, da luz nas pernas, das cicatrices xusto onde agroma a vida, do niño esfiañado e do adeus. Hai que descalzarse para transitar pola propia vida. Só ti podes arrastrar a túa armadura e acostumarte a vivir cos cans negros pegados ás pernas. Hai que aprender das árbores e pasar ao próximo anel, físgoas concéntricas impresas que suxeitan a que virá. Cada chanzo, neste xogo íntimo, obriga a facer soltas, feridas a romper cinchas, a celebrar derrotas, pero sabendo que xuño volverá falando baixiño e abalándose nos cables da luz.

→Xerais. En voz propia [Video] 

    • Humanario (Galaxia, 2021)

Humanario é un "travelling" polo máis evolucionado dos animais (oxalá un día venzan). É posible, iso si, que a viaxe comece cara abaixo (a Catá-base), ata o fondo da lama, ata non recoñecer as nosas propias mans.

    • Así fala Penélope : unha antoloxía de xénero (Chan da pólvora) [GAL P 53]

A proposta é un apaixonado percorrido que Marta Dacosta propón a través da escrita contemporánea das mulleres galegas. Trátase dun proxecto inédito: unha antoloxía de xénero onde os nomes e as cronoloxías trenzan un relato comunal con poemas que nos descobren como elas, con frecuencia, recoseron as palabras usadas para facelas lucir dun xeito distinto ou como, as máis das veces, optaron polas teas novas. O resultado é unha selección que visualiza autoras, reivindica a literatura e ofrece unha esixente panorámica da poesía desde finais do século XX ata hoxe.

Recoñecementos

Recibiu a Medalla do Gaiteiro en Forcarei 2011 e o premio As Nosas Músicas 2017 da Asociación A Xesteira pola súa traxectoria profesional.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X