Estás en:Emprego Novas
Obradoiro para novas experiencias lectoras

Ler teatro

Ler teatro

O teatro tamén é literatura. Lese pouco. Vese pouco nas librarías. Apenas figura nos programas escolares. É certo. Pero, como podemos xogar cun texto literario na intimidade da experiencia lectora? Que ten este xénero literario de especial? Que hai de diferencial nun guión que apela constantemente ao voo da escena? Velaquí un programa para lermos, contextualizar e descubrir escritoras e escritores teatrais das nosas letras e do noso proceso de emerxencia cultural. O teatro galego a súa historia recente e a súa lectura.

Coordinador: Roberto Pascual, gañador do XX Premio Rafael Dieste 2021
Días: os xoves 14, 21 e 28 de setembro, e 5 de outubro
Hora: 19:00 - 20:30 h
Prazas: 25
Lugar: Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña. Sala César Antonio Molina e Mercedes Monmany

Programa

Xoves 14 de setembro

Leremos textos representativos dos diferentes períodos que van da xeración Abrente até as novas voces xurdidas arredor da ESAD, do novo Abrente, das xornadas impulsadas pola Asociación DramaturgA ou de novos certames coma o Laudamuco.
Convidada: María Vázquez, actriz.

Xoves 21 de setembro

Leremos fragmentos de obras de Esther Carrodeguas, Roberto Salgueiro. Raúl Dans e Avelina Pérez.

Convidada: Esther F. Carrodeguas, dramaturga, actriz e produtora.

Xoves 28 de setembro

Lecturas comentadas de fragmentos de Gustavo Pernas, Teresa Moure, Manuel Lourenzo e Roberto Vidal Bolaño.

Convidada: Rocío González, actriz.

Xoves 5 de outubro

Leremos o premio Rafael Dieste 2021 que este ano será levado a escena e convidamos ao gañador/a deste ano: Sophie non é o meu nome de guerra (2021) e o autor/a gañador/a de 2023.

Convidado/as para lectura dramatizada:
Autor/a gañador/a do Premio Rafael Dieste 2023.
Marián Bañobre, directora, actriz e creadora escénica.

ACTIVIDADE CON PRAZAS ESGOTADAS

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X