Estás en:Emprego Novas
Club da Raíña Lupa: Venres 22 de setembro

María Reimóndez – "Cobiza"

Achégate á Biblioteca da Deputación da Coruña para ler as mellores obras recentes da Literatura Infantil e Xuvenil galega da man das súas autoras e autores.

María Reimóndez –


'Non hai idade, hai literatura'

Un club de lectura que naceu ao abeiro do Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña para estender e socializar a idea de que a LIX vai máis aló do público estritamente infantil e xuvenil.

    • Día 22 de setembro de 2023

    • Hora: 18:00 h.

    • Autora convidada: María Reimóndez

    • Obra que comentaremos: "Cobiza" 

  • Inscrición: a partir do 1 de setembro na web da Biblioteca premendo aquí (as persoas xa inscritas non teñen que volver anotarse, contactaremos con elas antes da data).

Luz habita o presente nun mundo que se divide entre os Recunchos e as Capitais, estas últimas só accesibles mediante a chamada «lotería da fertilidade». Gañala implica un acceso descoñecido á opulencia. Nun futuro marcado polo cataclismo denominado a Gran Desconexión, tres seres creados de materia vexetal, pero con forma humana, son capturados por un barco negreiro para chegar a un continente descoñecido. Aquí descubrirán como os seus corpos son clasificados como mulleres e comodificados, vendidos, para manter as estruturas de poder dominantes.


Esta apaixonante novela de ciencia ficción feminista foi merecedora do I Premio Pinto e Maragota á diversidade sexual e de xénero organizado polo Concello de Pontevedra e Xerais. O xurado destacou «a súa altísima calidade literaria e unha nova e revolucionaria reflexión sobre a construción do sexo e do xénero, das identidades e das orientacións sexuais, así como unha profunda ollada feminista e ecoloxista na reflexión sobre o futuro do planeta».

O libro telo dispoñible en formato dixital na EBIBLIODACORUNA  e podes collelo prestado AQUÍ  e tamén en papel na sección de persoas adultas da Biblioteca coa sinatura GAL N 40.

 Inscríbete 

Coordinado por Lois Pérez, gañador da última edición do Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, ofrecerá na Biblioteca provincial tres encontros esta primavera máis outros tres en outono. As sesións, nas que as persoas participantes poderán conversar cos autores e autoras das obras seleccionadas, terán lugar na Sala César Antonio Molina da Biblioteca provincial da Coruña, ás 18 horas do penúltimo venres de marzo, abril, maio, setembro, outubro e novembro.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X