Estás en:Emprego Novas

Uxía Larrosa

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Uxía Larrosa

Obra

Uxía Larrosa

Uxía Larrosa Villanueva é de Cambre, e o seu traballo desenvólvese principalmente no eido da Banda deseñada como guionista e ilustradora. Tamén ten participado en campionatos de xadrez.

Estudou Belas Artes na Universidade de Barcelona, na especialidade de gravado. Cursou tamén estudos no Centro de Estampa Contemporánea de Betanzos e un mestrado en Estudos de Cinema e Audiovisual Contemporáneo na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona.

Recibiu varios galardóns en concursos de cómic, o último o Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña. Foi cofundadora do fanzine Sacoponcho e participou cunha historia curta no volume colectivo Licor café.


Obra

O bico da serea (cómic) Deputación da Coruña, 2023 [LDC/87 e eBiblio]

Licor café : 13 grolos da Nova banda deseñada galega (cómic) Demo Editorial, 2017 [GAL/17038]

Sacoponcho (cómic), 2012-2013.


Premios

• XVII Premio Castelao de Banda Deseñada – Modalidade xeral, 2022

• 1.º premio, Certame Xuventude Crea – Banda Deseñada, 2018

• 3.º premio, Certame Xuventude Crea – Banda Deseñada, 2017

• 1.º premio, Concurso de Cómic Rekalde-Ortzadar, 2014

• 2.º premio, Certame Benito Losada de Banda Deseñada, 2013

Outros traballos da autora

Traballo fin de grao: El idioma de las cosas: ensayo sobre cómo habitar a partir de la palabra 

Blogues: A Roxa do Souto e Uximuxi

Ficha da autora en Coruña gráfica

Novas sobre a autora e o seu traballo nos medios de comunicación

Nas Redes

https://www.instagram.com/uximuxi_/

https://www.facebook.com/uxia.larrosavillanueva?locale=ms_MY

https://www.pinterest.es/hiperuxi/

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X