Estás en:Emprego Novas

A Deputación e o Concello de Malpica estudan melloras na seguridade peonil da estrada que conecta o Centro de Saúde de Buño coa parroquia de Cambre

O presidente provincial e o alcalde de Malpica reuníronse hoxe na sede da Deputación da Coruña

A Deputación e o Concello de Malpica estudan melloras na seguridade peonil da estrada que conecta o Centro de Saúde de Buño coa parroquia de Cambre

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, reuníronse hoxe na sede da Deputación da Coruña para abordar diferentes cuestións relativas ao municipio.

Entre outras cuestións, Formoso e Parga abordaron a necesidade de mellorar a seguridade peonil na DP-4303 que conecta o centro de saúde de Buño coa parroquia de Cambre, pero que actualmente non conta con ningún tipo de beiravía ou senda para garantir a seguridade dos numerosos viandantes que rexistra.

Formoso dixo que os técnicos do servizo de Vías e Obras estudarán a viabilidade técnica e económica da proposta de mellora da seguridade na zona, cunha senda duns 1,75 quilómetros que permitiría o acceso camiñando ao centro de saúde en condicións de seguridade.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X