Estás en:Emprego Novas

O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, visita Corcubión para analizar co goberno local diversas cuestións relativas a obras e servizos

Na xuntanza participaron ademais de Regueira, o rexedor local, Xabier Dominguez, e os concelleiros María Bella, Xosé Lado e Francisco Santiago

Durante o encontro trasladouse a importancia que teñen para concellos como Corcubión as diferentes liñas de axudas e o asesoramento que se fai desde a Deputación

O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, visita Corcubión para analizar co goberno local diversas cuestións relativas a obras e servizos

O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, desprazouse esta mañá ata Corcubión para manter unha reunión co alcalde, Xabier Dominguez, para analizar diversas cuestións relativas a obras e servizos municipais.

Na xuntanza, na que tamén participaron os concelleiros María Bella, Xosé Lado e Francisco Santiago, abordáronse cuestións relativas á promoción económica, turismo e o avance das obras do Plan único.

Neste primeiro encontro tamén se trasladou a importancia que teñen para concellos como o de Corcubión as diferentes liñas de axudas e o asesoramento que se fai desde a Deputación, que é esencial para as administracións locais.

Aproveitaron o encontro para tratar cuestións relativas a contratacións de persoal, situacións de determinados servizos e algunhas das necesidades do Concello, que serán obxecto de análise por parte da institución provincial.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X