A Deputación da Coruña entrega un novo vehículo a ASPANAES Santiago
A deputada de Política Social, María del Mar García Vidal, visitou hoxe a sede de ASPANAES en Santiago de Compostela para entregar á entidade un novo vehículo. García foi recibida na renovada sede da entidade no Monte do Gozo polo presidente, Igancio Labella, o director xerente, José Aléne e outros membros da directiva-
A Deputación destinou 22.314 para a adquisición desta furgoneta de nove prezas, "que é unha demanda importante deste tipo de entidades sociais, xa que permite o transporte diario dos seus usuarios e usuarias ao centro no que se realizan diferentes terapias e actividades", explicou a deputada.
García Vidal destacou o importante traballo que desenvolve ASPANAES na provincia coas persoas afectadas por trastorno de espectro autista-TEA e as súas familias, así como a estreita colaboración que desde hai anos mantén a Deputación coa entidade e que se plasma en accións como a compra do mobiliario da nova sede da rúa Raiola, a adquisición de material informático ou o financiamento de programas e terapias que contribúen á autonomía persoal e á inserción social e laboral das persoas con TEA.
Mar García lembrou que a concesión realizouse en réxime de concorrencia competitiva entre as entidades sociais da provincia que o solicitan, tendo en conta para a puntuación criterios obxectivos coma a antigüidade da entidade, ou o número de usuarios.
Nesta última convocatoria, a Deputación entrega un total de oito vehículos, parte deles adaptados para o transporte de persoas con discapacidade, a outras tantas entidades sociais da provincia.