Estás en:Emprego Novas
Actividades de outono na biblioteca

Conversas en inglés

Hoxe en día o inglés é moi importante para acceder á información, ao traballo, a viaxar e mesmo a manexar as instrucións de calquera aparello, como unha lavadora, un ordenador etc.

É por iso que a biblioteca ofrece dous cursos de conversa en inglés de balde.

Conversas en inglés


Con estes cursos preténdese:

  • Divulgar e chegar ao uso habitual do inglés dunha forma amena e adecuada para persoas adultas.
  • O nivel esixido é un nivel medio de inglés, de tal xeito que o alumnado poida dialogar e debater en inglés sobre uns temas de actualidade e obteña máis soltura en inglés en conversacións e debates sobres temas actuais e cotiáns.
  • Que o alumno perda ese sentido de ridículo ao falar en inglés e conseguir así unha maior fluidez e seguridade.
  • Axudar ao alumno con algunhas dúbidas en inglés e informalo das páxinas da internet de aprendizaxe de inglés: exemplo AulaFacil, Duolingo, Tedtalks etc. En todos os cursos fomentarase, cando así sexa requirido polo alumno, a atención especial personalizada ás características de cada un dos participantes.

Ofértanse dous niveis: o medio II é un chisco máis avanzado que o medio I

Nivel Medio I

Impartido por Elisabeth Hamer

Día: os mércores de 11:30 a 12:45 h.

Duración: 16 sesións. De outubro a febreiro

Prazas: 15

Data de comezo: mércores 18 de outubro

Nivel Medio II

Impartido por Elisabeth Hamer

Día: os luns de 19:15 a 20:30 h.

Duración: 16 sesións. De outubro a febreiro

Prazas: 15

Data de comezo: o luns 16 de outubro

RESERVA DE PRAZA

Terán prioridade na reserva de praza as persoas socias. Poden inscribirse nesta mesma web premendo aquí (é necesario ter o carné da biblioteca a man) e escollendo a actividade e o nivel desexado.
A páxina para inscribirse a esta actividade activarase o luns 2 de outubro ás 10:30 h ata o mércores ás 20:30 h. Continuará aberta a inscrición ata que se cubran as prazas e a listaxe de agarda. As prazas adxudicaranse por sorteo. É dicir, realizarase o sorteo das prazas do Medio I entre as persoas solicitantes do nivel Medio I, e o sorteo das prazas do Medio II entre as persoas solicitantes do nivel Medio II.
Contactaremos coas persoas inscritas para comunicarlles se obtiveron ou non a praza.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X