Estás en:Emprego Novas

A Deputación dota ao Fogar Infantil “Emilio Romay” dun novo vehículo adaptado

A deputada de Política Social, Mar García Vidal, entregou a furgoneta e visitou as instalacións do centro, dependente da Deputación 

A Deputación dota ao Fogar Infantil “Emilio Romay” dun novo vehículo adaptado

A Deputación vén de dotar ao Fogar Infantil "Emilio Romay" dun novo vehículo adaptado para o transporte dos menores usuarios do centro, que depende da institución provincial.

O furgoneta foi entregada á directora do centro, María del Carmen Díaz, pola deputada de Política Social, Mar García Vidal, que destacou que o novo vehículo se destinará ao transporte dos menores a actividades educativas, de ocio ou terapéuticas e permitirá ademáis atender a aqueles que teñan mobilidade reducida ou diversidade funcional nas mellores condicións.

Mar García visitou tamén as instalacións do Fogar Infantil, que xestiona a propia Deputación, e que ten capacidade para atender a 50 menores entre os cero e os doce anos en situación de desamparo ou risco social durante as 24 horas, os 365 días do ano. O centro desenvolve un Programa socioeducativo de carácter psicosocial, nun ambiente educativo e terapéutico, cun conxunto de tarefas e actividades que se complementan, dando un significado integral á intervención coa/co nena/o e a sú familia.

O centro ten 27 prazas conveniadas coa Xunta de Galicia e outras 20 cos concellos da Coruña e Culleredo.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X