Estás en:Emprego Novas

Blanca-Ana Roig Rechou

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Blanca-Ana Roig Rechou

Blanca-Ana Roig Rechou, naceu en Portosín (Porto do Son) e é unha profesora e crítica literaria galega.

Mestra, graduada social, licenciada e doutora en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela. É catedrática de literatura galega na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade compostelá, onde imparte aulas de literatura e literatura infantil galega, textos literarios e literatura de transmisión oral. A súa tese de licenciatura titulouse Análise da narrativa da colección Lar e a de doutoramento A Literatura infantil e xuvenil galega. Perspectiva diacrónica e análise da actualidade.

En 2011 dirixía un proxecto de investigación no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades que se materializa todos os anos na publicación dos Informes de Literatura. Forma parte do Equipo Glifo, encargado da realización do Diccionario de termos literarios e do Diccionario do Rexurdimento. Dirixe unha Rede temática sobre as literaturas infantís e xuvenís e a formación lectora no marco ibérico.

Colaborou con diversos traballos en libros colectivos e en revistas como DornaBoletín Galego de LiteraturaQuimeraÍnsulaColóquio-LetrasChorimasFadamorganaRevista Galega do EnsinoMalasartesOcnos etc., nos que tratou temas sobre literatura galega e literatura infanto-xuvenil, realizando diversas edicións de obras de autores galegos do XIX e principios do XX, así como a tradución ao galego de diversas obras de creación de autores infantís e de ensaio.

Forma parte do Grupo de investigación Liter21 da Universidade de Santiago de Compostela

Obra

Ensaio

• A poesía infantil e xuvenil en Galicia, 2000.
• A literatura infantil e xuvenil galega no século XXI: seis chaves para entendela mellor, 2008. [GAL/14102]
• Un mar maior e heroico: Cunqueiro en Porto do Son, 2011.

Obras colectivas

• Contra morte e amor, de Marina Mayoral, 1987.
• Xulián Magariños Negreira. Un home da Época Nós, 1988. [GAL/223]
• Maxina, de Marcial Valladares, 1991.
• Antón Avilés de Taramancos, 2003.
• Informes de Literatura. [GAL/7004GAL/7368, GAL/7859GAL/8551GAL/9261AO/324, AO/398AO/399AO/510]
• A memoria das guerras na literatura infantil e xuvenil en lingua galega: antoloxía, 2004.
• Hans Christian Andersen, Jules Verne e El Quijote na literatura infantil e xuvenil do marco ibérico, 2005.
• Para entenderte mellor. As literaturas infantís e xuvenís do marco ibérico, 2005, Universidade de Santiago de Compostela.
• Multiculturalismo e identidades permeábeis na literatura infantil e xuvenil, 2006. [GAL/2246]
• Grandes autores para pequenos leitores, 2007.
• Teatro infantil. Do texto á representación, 2007.
• A Guerra Civil Española na narrativa infantil e xuvenil, 2008. 

• A poesía infantil no século XXI (2000-2008), 2009.

• A Santiago. Relatos de Camiño infanto-xuvenís, 2010.
• Itinerario de lecturas. De camiño a Compostela pola Literatura Infantil e Xuvenil, 2010.
• Maré de livros, 2010.
• Reescrituras do conto popular (2000-2009), 2010.
• O Álbum na Literatura Infantil e Xuvenil (2000-2010), 2011. [GAL/15957]
• A narrativa xuvenil a debate (2000-2011), 2012. [GAL/16598]
• Premios Literarios e de ilustración na LIX, 2013.
• Inmigración/Emigración na LIX, 2014.
• Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega, 2015. [GAL/12030]
• Reflexos das dúas guerras mundiais na LIX, 2016.
• As mulleres como axentes literarios na LIX do século XXI, 2018.

• Cómic e literatura, 2022. [GAL I 198]

Edicións

• Follas Novas, de Rosalía de Castro, 1990.

• María Victoria Moreno. Nun lugar de Galicia, 2018. [GAL I 16]

• María Victoria Moreno. Palabra fértil no tempo, 2018. [GAL I 168]

Traducións

• Cipi, de Mario Lodi, 1989.

• Aquela Xulia Redfern, de Eleanor Cameron, 1990.

Premios

Premio Fervenzas literarias ao mellor libro de ensaio e investigación de 2015, por Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega.
Premio da Crítica Galicia de Investigación de 2015, por Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega.

A autora nas redes

Webs persoais da USC

Ficha da autora na AELG

La Voz de Galicia (01/03/2015) [Entrevista]

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X