Estás en:Emprego Novas

A Deputación e o Concello de Carnota asinan o convenio para financiar as obras de mellora enerxética do campo de fútbol de Lombáns

A entidade provincial achega o 80 % do orzamento total, que ascende a 115.000 euros

A actuación inclúe a instalación de novas luminarias LED

A Deputación e o Concello de Carnota asinan o convenio para financiar as obras de mellora enerxética do campo de fútbol de Lombáns

A Deputación da Coruña e o Concello de Carnota destinarán 115.000 euros para cofinanciar as obras de mellora de eficiencia enerxética do campo de fútbol de Lombáns.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde de Carnota, Juan Manuel Saborido, asinaron o convenio, polo que a institución provincial asumirá o 80% do investimento e o Concello de Carnota o 20% restante.

O proxecto inclúe a renovación das luminarias existentes, substituíndo a tecnoloxía actual por equipos LED para mellorar a eficiencia enerxética da instalación, localizada no lugar de Capelán, na parroquia de San Mamede.

En concreto, na actuación enmárcase a substitución dos proxectores que iluminan o terreo de xogo; o tendido de novas rede de terra para acompañar a liña subterránea de alimentación aos proxectores; a adecuación da instalación de iluminación e forza interior e a realización de novos cadros de mando.

Con estes traballos búscase mellorar as condicións enerxéticas do lugar, acadando unha maior visibilidade en horas de pouca luz, o que permite maior tempo de uso do campo á vez que se consegue unha menor gasto enerxético.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X