A deputada de Política Social, Mar García Vidal, participa na carreira ENKI da Coruña
A deputada de Política Social, Mar García Vidal, participou esta tarde no Parrote no acto de entrega de premios da carreira Enki da cidade herculina.
Con máis de 15.000 participantes inscritos este ano, a carreira ENKI volveu bater este ano o récord de participación. Trátase da carreira con máis participación de Galicia en ten como obxectivo dar visibilidade ao deporte adaptado.
No acto de entrega de premios estiveron presentes numerosas entidades sociais que apoian o evento, que este ano chegou xa á súa décima edición, e que conta co apoio da Deputación e o Concello da Coruña.
1
3
Fotogalería