Estás en:Emprego Novas

María dos Anxos González Refoxo

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

María dos Anxos González Refoxo

Obra

María dos Anxos González Refoxo

Naceu na Porta dos Mariños no lugar de Pazos, no Concello de Padrón.

Estudou Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose na primeira promoción, no ano 1978. Aprobou as oposicións a profesora de ensino secundario o ano 1981, exercendo como profesora en centros de Ferrol, Santiago e, xa desde o ano 1983, no I.E.S. Elviña da cidade da Coruña, onde é catedrática de Lingua e Literatura.

Realizou traballos de tradución e colaborou na obra colectiva Galicia Eterna. É coautora de Nova gramática para a aprendizaxe da língua e directora, coordinadora e autora de libros de actividades de expresión, construción gramatical e de léxico. Para a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia elaborou a Programación didáctica de Referencia para o Ensino Secundario Obrigatorio.

Na utilización de novos métodos de aprendizaxe realiza os guións e as unidades didácticas de dous vídeos sobre temas lingüísticos: ...E non chegou a ser palabra sobre afixos léxicosÉ. O verbo, editados pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega.

É coguionista de Canto de permanencia, audiovisual creativo sobre a obra de Uxío Novoneyra, editado pola AS-PG, e de Estrela na alba sobre o pensamento político de Castelao. É guionista do audiovisual De amor e cantería baseado en "Sonetos á casa de Hortas" de Manuel María e editado pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos, ademais de guionista e directora do documentario Andei todos os camiños.

Varios dos seus traballos audiovisuais foron finalistas dos Premios Mestre MateoDe amor e cantería foi premiado co Mestre Mateo á mellor Obra experimental.

Obra

  • Nova gramática para a aprendizaxe da língua, 1988, Vía Láctea. 
  • Actividades de expresión oral e escrita, 1990, Baía Edicións. 
  • Actividades de léxico 1 e 2, 1990 e 1991, Baía Edicións. 
  • Actividades de construción gramatical, 1991, Baía Edicións. 
  • E non chegou a ser palabra... : afixos léxicos, sufixación e prefixación lexical, 1995, AS-PG.
  • É o verbo: aproximación á narración, 1999, AS-PG.
  • Programación didáctica de referencia. Lingua galega e literatura: Educación Secundaria Obrigatoria, 1999 e 2000, Xunta de Galicia.
  • Visita a Santiago de Compostela co Club 33, de José Carro Otero, 1979, Caixa de Aforros de Santiago. [Traducción]

Audiovisual:

  • Canto de permanencia, 2010, sobre a obra de Uxío Novoneyra. 
  • Estrela na alba, o pensamento político de Castelao. 
  • De amor e cantería, obra premiada co Mestre Mateo 2011 á mellor obra experimental. 
  • Andei todos os camiños, documental. 
  • Danza do poema emocionado, sobre Manuel María. 
  • Manuel María. Paixón de palabra e terra, documental finalista nos premios Mestre Mateo 2016. 

A autora nas redes

Ficha da autora na AELG

Facebook

Twitter

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X