A curtametraxe Balle Voyage estréase no Teatro Colón rendindo homenaxe a Alfred Hitchcock
A Deputación apoiou este proxecto audiovisual con 8.000€ rodado na cidade da Coruña
Dirixida por Iria Ares, a curta recibiu o Premio Roel Mellor BSO no Festival de Cine de Medina del Campo, interpretada pola Orquesta Sinfónica de Galicia
O Teatro Colón vestiuse de longo para acoller a estrea e a presentación de "Balle Voyage", a curtametraxe de Iria Ares que homenaxea a Hitchcock dende a cidade da Coruña. Co apoio da Deputación, que financiou o proxecto con 8.000€, o filme recibiu no Festival de Cine de Medina del Campo o Premio Roel á mellor BSO, interpretada pola Orquesta Sinfónica de Galicia.
O coruñés Monte de San Pedro é o escenario principal no que se desenvolve esta historia de suspense, ao máis puro estilo Hitchcock, que ofrece unhas vistas panorámicas de toda a cidade. Concretamente, a historia comeza no ascensor de San Pedro, onde é citado D, un axente que traballa para unha organización secreta de intercambio de favores que descobre o cadáver da súa última víctima perfectamente colocado no interior do elevador.
Ademais do premio á mellor BSO no Festival de Cine de medina, "Balle Voyage" recibiu unha nominación nun festival internacional, o Cecil County Independent Film Festival, do Estado Norteamericano de Maryland. A súa estrea acolleu a centenares de persoas que puideron ver na gran pantalla á Coruña como localización dun cine clásico que lembra a un grande do thriller psicolóxico dende a cidade herculina.
O apoio da Deputación a este proxecto forma parte do seu compromiso de fomentar a diversidade audiovisual e cultural galega, apoiar o talento feminino e dar a coñecer a riqueza paisaxística da provincia.