Teresa Cameselle
#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras
Teresa Cameselle
María Teresa Cameselle Rodríguez, nada en Mugardos, é unha escritora galega en lingua castelá especializada en novela romántica e narrativa histórica.
Comezou a súa carreira coa participación en certames de relatos, cos que gañou algún galardón e a publicación en diversas antoloxías. En 2008 foi finalista no Premio de Novela de La Voz de Galicia. Tamén en 2008 gañou o Premio Talismán de Novela Romántica coa súa primeira novela longa, La hija del cónsul, que se publicou o mesmo ano.
A súa relación profesional coa literatura tamén a levou a impartir obradoiro, organizar clubs de lectura e ser relatora en diversos congresos e eventos literarios. Tras doce novelas publicadas, en 2020 recibiu o Galardón Letras del Mediterráneo da Deputación de Castelló pola súa traxectoria na novela romántica.
Obra
- La hija del cónsul (2008-2015)
- No todo fue mentira (Espejismo - Inesperado - Coral) (2010)
- El mapa de tus sueños (2012) [GAL/16691]
- No soy la Bella Durmiente (2014) [GAL/10297]
- Quimera (2015) [GAL/7659]
- La decisión de Blanca (2016)
- La pesadilla del sultán (2018)
- El maestro de piano (2017)
- Como el viento de otoño (2019) [GAL/17222]
- No me llames Cenicienta (2019)
- Site quedas en Morella (2020)
- Tú eres quien me ilumina (2022)
Premios
Premio Talismán pola súa novela La hija del cónsul (2008)
Premio Dama pola súa novela No soy la Bella Durmiente (2014)
Premio Vergara pola súa novela Quimera (2015)
Galardón Letras del Mediterráneo (2020)
A autora nas redes
El Correo gallego [Entrevista]
Presentación de Como el Viento en Otoño de Teresa Cameselle en Coruña (13/04/19)
Diario de Ferrol [Artigo]
Entrevistas a gente de Ferrolterra: TERESA CAMESELLE