Estás en:Emprego Novas

A Deputación destaca a aposta de Fademga pola inclusión laboral da persoas con discapacidade intelectual

A deputada de Política Social, Mar García, participou na presentación dos resultados do Programa de Integración Laboral, que beneficiou a 262 personas 

A Deputación destaca a aposta de Fademga pola inclusión laboral da persoas con discapacidade intelectual

A deputada de Politica Social, Educación e Mocidade da Deputación da Coruña, Mar García, a directora xeral de Formación e Colocación da Xunta, Zeltia Lado, e o presidente do CERMI Galicia, Luciano Fernández, acompañaron este martes o presidente de FADEMGA Plena inclusión Galicia, Eladio Fernández, durante a presentación do informe de resultados do Programa integrado de emprego.

Trátase dunha iniciativa que entre o 2022 e 2023 favoreceu e mellorou as condicións de traballo de 262 persoas con discapacidade intelectual a través da formación, a orientación profesional, as prácticas e a intermediación laboral.

A deputada de Política Social, Mar García, quixo destacar "o apoio da Deputación a estas iniciativas que poñen en marcha mecanismos de visibilización, facendo da nosa comunidade un lugar máis inclusivo e integrador".
A directora xeral de formación e colocación da Xunta, Zeltia Lado, puxo o foco na importancia do papel que xogan as empresas galegas "cada vez son máis as empresarias e empresarios que implantan políticas innovadoras de inclusión social, nas que as diferenzas se asocian a un extra de fortaleza e valor".

Finalmente, tanto o presidente do CERMI Galicia, Luciano Fernández como o presidente de FADEMGA, Eladio Fernández, quixeron destacar a necesidade de dar continuidade a este tipo de proxectos que poñen o foco na axuda ás persoas máis vulnerables e que contan con maiores problemas de acceder a un emprego.

Unha iniciativa centrada en dar oportunidades ás persoas con maiores necesidades de apoio

O éxito do Programa integrado de emprego radicou na sensibilización das empresas empregadoras, entre as que estivemos a desenvolver accións de prospección e sensibilización co obxectivo de que coñeceran a importancia de promover a igualdade de oportunidades como condición indispensable para a consecución da plena inclusión social.

O Programa Integrado de emprego é resultado do convenio asinado entre a Consellería de promoción do Emprego e igualdade e CERMI Galicia para o fomento da empregabilidade das persoas con discapacidade dentro das políticas activas de emprego previstas na Comunidade autónoma no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X