Estás en:Emprego Novas

A deputada de cultura, Natividad de Jesús González, visita a Casa de Rosalía

A titular de cultura, acompañada do presidente da Fundación Rosalía de Castro, visitou a Casa – Museo e coñeceu algúns dos seus proxectos máis novidosos

No marco dunha colaboración entre ambas entidades, a Deputación está tramitando a habilitación dunha partida de 60.000€ para a Fundación Rosalía de Castro

A deputada de cultura, Natividad de Jesús González, visita a Casa de Rosalía

A deputada de cultura, Natividad de Jesús González, visitou esta mañá a Casa de Rosalía, acompañada do presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, que lle mostrou algúns dos seus últimos proxectos que están levando a cabo.

Colaboración coa Casa de Rosalía
Este encontro desenvolveuse no marco da colaboración entre ambas entidades. Actualmente, a Deputación está tramitando a habilitación dunha partida de 60.000€ para o financiamento das obras de mellora do xardín da Casa de Rosalía. Unha actuación que se suma a moitas outras, como a reforma do interior do auditorio da Casa de Rosalía, financiada pola Deputación con 60.000€.

"A Casa de Rosalía é patrimonio e historia de Galicia e unha das xoias máis destacadas que temos na provincia e no país" apunta a deputada de cultura, "por iso non podemos máis que apoialo dende un punto de vista patrimonial pero tamén cultural e social" engade.

A deputada aproveitou esta visita, ademais, para coñecer algúns dos proxectos que teñen en marcha dende a Fundación. En concreto, dúas exposicións: Mostra dos 50 anos da Casa de Rosalía e a mostra do 'Herbario de Rosalía'. Ademais, firmou o Libro de Honra da Fundación Rosalía.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X