Estás en:Emprego Novas

O consello directivo do Parque da Idade de Ferro reúnese para reactivar os traballos do proxecto arqueolóxico

A Deputación da Coruña forma parte deste consello xunto cos concellos de A Pobra, Rianxo, Ribeira, Boiro e Porto do Son, así como persoal técnico

O deputado de Contratación, Patrimonio, e Equipamentos, Xosé Lois Penas, acudiou a esta reunión, que se celebrou no centro de interpretación do Castro de Baroña

O consello directivo do Parque da Idade de Ferro reúnese para reactivar os traballos do proxecto arqueolóxico

O consello do proxecto do Parque da Idade de Ferro, do que forma parte a Deputación da Coruña xunto cos concellos da Pobra, Rianxo, Ribeira, Boiro e Porto do Son, así como persoal técnico, reuniuse a pasada semana no centro de interpretación do Castro de Baroña. O deputado de Contratación, Patrimonio, e Equipamentos, Xosé Lois Penas, acudiu a esta xuntaza, que serviu para reactivar todo o traballo que hai que desenvolver ao arredor do parque arqueolóxico e marcar o camiño que se vai seguir durante os proximos catro anos.

Así, aprobouse a incorporación do Concello de Dodro como membro de pleno dereito, que implicará unha modificación do convenio e a súa nova aprobación no pleno de todas as administracións. Unha vez incorporado, vaise configurar un novo consello asesor.

Valorouse tamén a posibilidade de que o parque exerza de impulsor da comarca, a nivel social, cultural, patrimonial e turístico, poñendo o foco nos castros e a súa protección, posta en valor e investigación científica, para desta forma invitar a que outros elementos asociados ao patrimonio converxan en torno ao parque e axuden a unha maior valoración, se cabe, de todo o patrimonio arqueolóxico das comarcas e concellos integrados nel.

Difusión do proxecto
Como próximos pasos para promocionar o proxecto acordouse, ademais, nesta reunión, a posta en marcha dunha serie de accións como guías, audiovisuais e imaxe corporativa do parque para dar a coñecer o seu potencial.

Ademais, axendouse unha xuntanza de seguemento para o primeiro trimestre do 2024, e tamén se abordou a necesidade de marcar obxectivos de traballo, cuantificalos e medir os resultados, como unha das prioridades desta nova etapa do Parque da Idade de Ferro.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X