Estás en:Emprego Novas

Resolución dos premios HoxeEscriboEn

O 22 de novembro reuniuse o xurado do Concurso HoxeEscriboEn para decidir a resolución dos premios.

Resolución dos premios HoxeEscriboEn

Reunido no Pazo Provincial ás 11:00 horas do día 22 de novembro de 2023 o xurado do Concurso convocado pola Biblioteca provincial en colaboración coa sección de Promoción e Desenvolvemento Turístico da Deputación.


Preside a reunión por delegación do presidente, Xose Regueira Varela, vicepresidente da Deputación, e asisten as vogais Patricia Cernadas Novo e Paula Cabado Brea. Actúa como secretaria, por delegación do secretario xeral, Carmen María Ferreiro Villaverde, bibliotecaria e directora da Biblioteca provincial.


A secretaria informa que se presentaron 84 relatos correspondentes a 73 persoas. Os membros do xurado proceden á análisise das obras presentadas.


Realízase unha rolda de lectura e selecciónanse os traballos finalistas, que segundo o criterio do xurado son os seguintes:


PRIMEIRO PREMIO: Relato Nº 34. Título: Estou aquí, do que é autora María Luisa Vidal Collazo, referido ao Concello de Ponteceso.
SEGUNDO PREMIO: Nº5 Título: O desencravo, do que é autor Diego Fernández Fernández, referido ao Concello de Betanzos.
TERCEIRO PREMIO: Nº 59 Título: El pazo de Goiáns do que é autora María José González López, referido ao Concello de Boiro.


O xurado elixiu as obras por axustarse ás bases e ao obxeto do concurso, destacando os seguintes aspectos:


Estou aquí, por ser un texto lírico que expresa con gran beleza os sentimentos e as emocións. O mar como parte da identidade e a evolución no tempo na paisaxe . Cabo Roncudo, a praia de Osmo, a praia de Arnela son protagonistas deste sensorial relato.


O desencravo, por ser un relato escrito con ironía, humor ambientado na igrexa de Santa María do Azougue. A historia destaca polo seu estilo fluído e orixinalidade.


El pazo de Goiáns, por ser un texto que transmite fantasía, coidada prosa e que evoca un mundo onírico ambientado na paisaxe mariña a carón do Pazo de Goiáns.

Por último, o xurado propón que entre os restantes participantes do concurso, dada a calidade xeral dos traballos presentados, se sorteen 30 lotes de produtos gastronómicos da provincia.


A Coruña, 22 de novembro de 2023.

RELATOS GAÑADORES:

Relato 34_Maria Luisa Vidal Collazo_Estou aquí_1º premio HoxeEscriboEn 2023.pdf

Relato 5_Diego Fernández Fernández_O desencravo_2º premio HoxeEscriboEn 2023.pdf

Relato 59_María José González López_El Pazo de Goians_3º premio HoxeEscriboEn 2023.pdf

SELECCIONADOS NO SORTEO DOS 30 LOTES

Eva Castro Outeiriño

Cristina Castro Santiago

Miguel Santiago Fernández Armesto

Sabrina Ana Pennino

Milagros Torrado Cespón

Anna Daura Sirera

Noela Pérez Pallas

Noemí Alba Dobaño García

Pablo Álvarez Álvarez

Ainhoa Conde Castro

Rebeca Caamaño Prol

Alba Yáñez Picos

Pedro Naveira Pedreira

Juan José Lada Vilariño

José Armando Mondelo Rodríguez

Estefanía Martínez Varela

Manuel Durán Gómez

Óscar Reboiras Loureiro

Alba Vila Paz

Teresa Moreno Pena

Ania Ferreira Longueira

Alba Martínez Suárez

Irene Losada Bestilleiro

Victoria Salgado Basoa

Aida Muiños Cánive

Natalia Cuns Lema

José Malvárez Carleos

María Pilar López Cuntín

Víctor Hugo da Silva Vasconcellos

Alba Sánchez Ares

ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS

O acto de entrega de premios será o día 20 de decembro ás 13:00 h na Biblioteca, e estará presidido polo Deputado da Área de Turismo, Xosé Regueira Varela, e pola Deputada da Área de Cultura, Natividad de Jesús González Rodríguez. Acto aberto ao público.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X