Estás en:Emprego Novas

Mariola Hermida

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Mariola Hermida

Obra

Mariola Hermida

Mariola Hermida Romero, nada en Anca (Neda) é unha autora de poesía e relato curto.

Na actualidade reside en Perlío (Fene) e traballa de técnico especialista de laboratorio no Arquitecto Marcide-Novoa Santos.
En 1998 publicou un libro en castelán en edición de autor: "Alrededor de uno mismo". Foi alumna durante 10 anos do Obradoiro literario de Fene a cargo de Eduardo Estévez.
Publicou algúns poemas nas revistas As voces da casa, A gaceta de Fene, Sempre Mar, Voces para a catalepsia, Noche otoñal e Atardecer sereno, estas dúas últimas en castelán.
Tamén ten algún relato publicado en "Relatos de verán" do diario La Voz de Galicia.
Como integrante do colectivo Moraima é habitual vela colaborar en recitais poéticos e eventos culturais.

Obra

Alrededor de uno mismo (1998)

Zurcindo latexos (Vampiro de libros, 2015)

Mariola Hermida ten unha poesía cálida, sinxela e moi entrañable. Esta poeta galega bríndanos un libro cheo de mensaxe e sentimentos.

Onde nacen os pexegueiros (Terra Ignota, 2022) [GAL P 79]

Onde nacen vos Pexegueiros, sinala Mariola, é un poemario dedicado á casa familiar paterna. «Son os meus recordos da infancia e xuventude e tamén unha homenaxe a toda a xente da aldea, a súa loita e fortaleza. Tamén á muller, que xoga un papel importante aínda que moitas veces solapado. É tamén unha homenaxe á natureza, que está moi presente ao longo do poemario». A maquetación e as ilustracións son de Ángel Fernández Hermida, o seu fillo pequeno.

A autora na Rede

Blog do Colectivo Literario Moraima: https://clmoraima.blogspot.com/2017/11/mariola-hermida-romero.html

La Voz de Galicia. [Entrevista] [Artigo]

Diario de Ferrol [Artigo]

Radiodifusión [Entrevista]

Facebook: https://www.facebook.com/mariola.hermidaromero/?locale=es_ES

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X