Estás en:Emprego Novas

¿Qué hacemos con los humanos?

César Antonio Molina publica o seu novo libro, unha reivindicación humanista da liberdade fronte ao totalitarismo tecnolóxico.

¿Qué hacemos con los humanos?

"Para mí, hubo un antes y un después cuando Mark Zuckerberg dijo, en 2010, que la privacidad había dejado de ser una norma social y un derecho. La privacidad siempre ha equivalido a libertad y esta era una declaración de que nuestra libertad se había acabado. Todo este sistema tecnológico está haciendo las delicias de los representantes de los antiguos estados totalitarios que siempre han querido invadir la libertad y controlar al individuo"
César Antonio Molina. Entrevista publicada en El Independiente (17-11-2023)

Estas palabras son un bo resumo do que encerra o novo libro de César Antonio Molina: a súa preocupación pola perda de liberdades a través do control masivo da poboación por parte de empresas tecnolóxicas de recente creación. Vivimos nunha especie de Gran Irmán, estamos vixiados por uns aparellos sen os que xa non sabemos vivir, onde cambiamos a nosa privacidade por unha especie de exhibicionismo social do que é difícil escapar.

"¿Qué hacemos con los humanos?", de César Antonio Molina, expón unha reivindicación humanista da liberdade fronte ao totalitarismo tecnolóxico. No seu libro, convídanos a reflexionar sobre a tecnoloxía e o seu impacto na nosa sociedade.

Ao longo das súas páxinas, Molina afronta e móstranos, desde unha análise profunda, como os avances en robótica, intelixencia artificial e algoritmos representan unha ameaza para a supervivencia do ser humano tal e como o coñecemos hoxe. Fainos cuestionarnos se estamos realmente preparados para enfrontar unha apocalipse dixital e se poderemos preservar a nosa liberdade nun mundo cada vez máis dominado pola tecnoloxía.

Cun estilo cativador e facendo alarde dunha profunda reflexión, lévanos a explorar os límites da intelixencia artificial e a súa futura influencia na nosa vida cotiá, convídanos a repensar a nosa relación coa tecnoloxía e a considerar as cuestións implícitas, tanto éticas como sociais, do seu avance desenfreado.

Descoñecemos como será o que veña da man do avance tecnolóxico. Deixaremos de actuar como individuos libres, escravizados polas normas sociais que nos impoñan as novas tecnoloxías sen as cales xa non sabemos vivir? Coa intelixencia artificial, cambiará a nosa herdanza espiritual acumulada ao longo de milenios?

Está dispoñible na Biblioteca coa sinatura 3M/9028 e na EbiblioDaCoruna premendo aquí.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X