Estás en:Emprego Novas

A Deputación asina un convenio coa Fundación CEIC para o Premio Internacional “Jesús Núñez” de Arte Gráfica

A deputada de cultura, Natividad González, firmou o acordo para a realización do certame e dunha exposición itinerante vinculada a este.

Esta iniciativa forma parte do compromiso da entidade provincial co apoio á creación artística nas súas diferentes expresións

A Deputación asina un convenio coa Fundación CEIC para o Premio Internacional “Jesús Núñez” de Arte Gráfica

Cultura da Deputación colabora coa Fundación CIEC na realización do Premio Internacional "Jesús Núñez" de Arte Gráfica, que inclúe unha exposición itinerante que se inaugura na sede da Fundación. Así o recolle o convenio que asinou a deputada de cultura, Natividad González, cun representante da Fundación Centro Internacional da Estampa Contemporánea.

Este acordo enmárcase no compromiso da entidade provincial de apoio á creación artística nas súas diferentes vertentes e expresións, poñendo en marcha un certame como o Premio Internacional "Jesús Núñez" de Arte Gráfica co que, ademais de potenciar o desenvolvemento da arte gráfica, recoñece o labor realizado pola Fundación CIEC e tamén a ampla traxectoria do artista que da nome á iniciativa, Jesús Núñez.

"A arte gráfica é un importante revulsivo para a provincia, con moito talento e interese por parte da cidadanía e, neste sentido, a Fundación CIEC fai un gran traballo a nivel internacional" sinala a deputada. "O Premio Jesús Núñez é un bo exemplo diso, con propostas de gran nivel que chegan de todo o mundo".

Ademais, o convenio de colaboración inclúe outras actividades complementarias ao certame, que consisten na celebración da exposición inaugural do Premio, que terá lugar na sede da Fundación, así como na edición dun catálogo que recolle todas as obras seleccionadas para a mostra.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X