Estás en:Emprego Novas

A Deputación da Coruña entrega tres novos vehículos adaptados para entidades sociais da provincia

A Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM), Ambar Barbanza e a ONG Sénvalos contan desde hoxe con novos vehículos cedidos pola institución provincial

A Deputación da Coruña entrega tres novos vehículos adaptados para entidades sociais da provincia

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e a deputada de Política Social, Mar García Vidal, entregaron hoxe tres furgonetas, dúas delas adaptadas para o transporte de persoas con diversidade funcional, destinadas a outras tantas entidades sociais sen ánimo de lucro da provincia.

A Asociación Coruñesa de Esclerose Múltiple (ACEM), Ambar Barbanza e a ONG Sénvalos contan desde hoxe con novos vehículos cedidos pola institución provincial para o transporte dos usuarios e usuarias destas entidades sociais.

As entidades agradeceron o apoio da Deputación para poder contar con estes vehículos, que permiten o transporte diario dos seus usuarios e usuarias aos centros de día e centros ocupacionais nos que realizan diferentes terapias e actividades e que son especialmente importantes nas zonas rurais.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X