Estás en:Emprego Novas

Formoso analiza coa xunta directiva de COFER os retos socioeconómicos da comarca

A oportunidade dos fondos europeos, a falta de solo industrial ou a necesidade de apostar pola diversificación e mellorar as infraestruturas, entre os temas tratados

Formoso analiza coa xunta directiva de COFER os retos socioeconómicos da comarca

O presidente e a deputada de Emprego, Rosa Ana García, reuníronse coa xunta directiva de COFER

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, reuniuse esta mañá coa xunta directiva da Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (COFER), encabezada polo su presidente Cristóbal Dobarro.

Ente os temas abordados no encontro estiveron os principais retos socioeconómicos da cidade e da comarca de Ferrolterra para os vindeiros anos, como os fondos europeos, a falta de solo industrial ou a necesidade de apostar pola diversificación e a mellora das infraestruturas.

O presidente provincial destacou que o contrato de construción das fragatas é fundamental para o futuro do estaleiro de Navantia "que é o corazón industrial da comarca", e incidiu na importancia de "aproveitar a oportunidade histórica que supoñen os fondos de europeos nos vindeiros anos para impulsar, fortalecer e modernizar o tecido empresarial e industrial da comarca".

Neste sentido, ofreceu aos empresarios a colaboración da Oficina Next Deputación para a captación e xestión de fondos europeos que a institución provincial ten en funcionamento no concello da Capela.

Formoso analizou tamén cos empresarios algúns dos datos do Informe de Conxuntura Económica (ICE) financiado pola Deputación e sinalou que o exceso de burocracia é, en moitas ocasións, un freo para importantes proxectos empresariais.

Unha análise na que coinciden os empresarios de COFER, que tamén sinalaron como problemas a falta de man de obra con formación adaptada ás necesidades reais das empresas, a falta de solo industrial e a necesidade de mellora da infraestruturas clave, como a conexión ferroviaria.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X