Estás en:Emprego Novas

Carmen V. Valiña

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Carmen V. Valiña

Carmen V. Valiña

Carmen Marina Vidal Valiña é unha investigadora galega nacida en Baio (no Concello de Zas), alumna no Maximino Romero de Lema.

Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, en Humanidades pola Universitat Oberta de Catalunya, Máster en Estudios Árabes e Islámicos contemporáneos pola Universidad Autónoma de Madrid. Postgraduada en Gestión del ciclo de proyectos de cooperación internacional pola Universitat Oberta de Catalunya e doutora en Historia Contemporánea pola Universidade Complutense de Madrid.

Foi profesora en temas de feminismos decoloniais en AEGI e FEMLEGAL (escolas en liña)

Continuou a súa traxectoria como investigadora en temas de xénero grazas a unha bolsa da Deputación da Coruña, para indagar na emigración feminina a Suíza na comarca galega de Terra de Soneira.

En 2017 publicouse o seu ensaio "El mundo árabo−islámico como ellas nos lo contaron", un percorrido, en clave de xénero, polo traballo que as xornalistas de TVE realizaron sobre Oriente Medio e o Norte de África durante o últimas catro décadas. 

É a creadora e directora de PeriFéricas, unha escola en liña de feminismos alternativos na que ofrecen cursos impartidos por doutoras e investigadoras especializadas en temas de xénero. Achegando unha formación con calidade universitaria a todo tipo de públicos.

Exerce de profesora na Universidad Europea Miguel de Cervantes.

Obra

  • Elas, as emigrantes : Mulheres da Terra de Soneira na Suíça (Através, 2019).
  • El mundo Árabo-Islámico como ellas nos lo contaron : las periodistas de TVE en oriente Medio y Norte de África: cuatro décadas de información con nombre de mujer (Clave Intelectual, 2016). [GAL/10015]

Durante séculos, viaxeiros, diplomáticos e políticos (homes, en definitiva) debuxaron o inmenso territorio que vai desde Marrocos a Afganistán como un "Oriente" á vez exótico e ameazante, infestado de fanatismo e no que a parte feminina da sociedade raramente aparecía senón era baixo veos e submisión.

"El mundo árabo−islámico como ellas nos lo contaron" é todo o contrario: un relato de mulleres xornalistas sobre mulleres árabes e musulmás que estudan, traballan, loitan. En definitiva, que existen. É a narración, con testemuños persoais incluídos, do traballo que as enviadas especiais de TVE realizaron sobre un puñado dos principais acontecementos acaecidos en Oriente Medio e o Norte de África durante o período da España democrática.

Na rede

Páxina da autora

Las mujeres que no salen en los libros

Publicacións en Google Académico 

Rebelión : Lesbianárabes [Artigo

Fundación Euroárabe [Entrevista-Video

El Salto [Artigo1, Artigo2, Artigo3]

La Voz de Galicia [Artigo1, Artigo2]

Europapress [Artigo

Redes sociais

https://www.instagram.com/carmendebaio/

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X