Javier Vázquez Primeiro Premio da Xunta "Xuventude crea"
Javier Vázquez Gundín, alumno do Conservatorio Profesional de Danza da Coruña, acaba de recibir o primeiro premio do programa da Xunta Xuventude Crea na categoría de danza moderna. O artista realizou unha actuación denominada Tempus fugit.
O primeiro premio consta dun total de 3.000 euros en metálico. O programa Xuventude Crea, que este ano celebra a súa edición número catorce, trata de apoiar o talento e creatividade dos mozos galegos.
Parabens Javier!