Estás en:Emprego Novas

Verónica Martínez Delgado

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Verónica Martínez Delgado

Verónica Martínez Delgado, nada en Valdoviño, é unha escritora e profesora galega.

Licenciada en Historia da Arte en 1998 pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora en Historia das Ciencias e das Técnicas, en Física Aplicada, pola mesma universidade en 2016. É profesora de ensino secundario de formación profesional na familia de Servizos socioculturais e á comunidade.

Participou en diversas publicacións periódicas como Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, Dorna, Ólisbos, Festa da Palabra Silenciada, Arraianos, Olga, e en diversos recitais, conferencias, cursos, obradoiros e congresos, sempre relacionados coa poesía e a literatura galegas. En 2018 colaborou na revista Ligeia.

A súa obra foi estudada nos ensaios Ferroláns na historia da literatura galega, de Henrique Dacosta, e Letras de Cal na produción poética galega dos 90, de Miguel Louzao Outeiro. Recentemente publicouse o traballo de fin de grao Verónica Martínez Delgado: unha poeta do século XXI nas marxes do sistema, de Lidia Gladys Cagiao Conde.

Obra

Poesía

  • Desterrada do meu corpo (2001). Letras de Cal.
  • Deshabitada e sen verdugo (2002). Río Xuvia (Madrid). 
  • Cara a un solpor de gatos (2005). Tresctres. [GAL/13061]
  • Lusocuria (2012). O Figurante Edicións. Instituto de Estudos Miñoranos. 
  • Cartapedra (2013). Lastura (Madrid). 
  • Obra reunida (1994-2008) (2013). Amargord (Madrid). Edición bilingüe galego-castelán. 
  • Refuxio (2014). Toxosoutos. [GAL P 66]
  • Ode à Madison Ivy e outras coisas de meter (2014) A. C. Caldeirón. 
  • A outra voz (2015). A. C. Caldeirón.

Narrativa

  • Mañá, se cadra, non será un día máis (2015), publicado en internet.

Ensaio

  • X. M. Tomé. Antolóxica (2007). Universidade de Santiago de Compostela.
  • I Encontro Arte e Natureza (2009). Embora.
  • Breves notas sobre a historia da Arte aplicadas á intervención sociocomunitaria (2009). Lulú.
  • A intervención didáctica nos DEAC (2009) Lulú.
  • Didáctica da Educación Infantil desde a Intervención Sociocomunitaria (2019). Inaua Editora.
  • Metodoloxía da Intervención Social desde a Intervención Sociocomunitaria (2019). Ianua Editora.
  • Pedagoxía da Animación e xestión cultural desde a Intervención Sociocomunitaria (2019). Ianua Editora.
  • Didáctica da Atención a persoas en situación de dependencia desde a Intervención Sociocomunitaria (2020). Ianua Editora.
  • Intervención Sociocomunitaria (2020). Editorial Premir.
  • Intervención socioeducativa para a igualdade desde a Intervención Sociocomunitaria (2020). Ianua Editora.
  • Servizos á Comunidade (2020). Editorial Premir.

Premios

  • Segundo premio do VII Concurso de relatos breves Repsol no 1994, por Mañá se cadra non será un día máis.
  • Gañadora do IV Premio de poesía Francisco Fernández del Riego no 1996, por Había tantos homes lilas.
  • Gañadora do V Premio de poesía Francisco Fernández del Riego no 1997, por Deshabitada e sen verdugo.
  • Premio Rosa de Cen Follas no 1998, por Metíchesme cen mil volumes.
  • Accésit do I Premio de Poesía Letras de Cal no 2000, por Desterrada do meu corpo.
  • Premio do Concurso de Poesía Xove de Alzira no 2001, por Desterrada do meu corpo.
  • III Premio de Poesía Afonso Eanes de Cotón no 2004, por Cara a un solpor de gatos.
  • Mención de honra no Premio GZ Crea no 2006, por O ladrón de almas.
  • Mención no VIII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas no 2013, por Ode à Madison Ivy e outras coisas de meter.
  • Accésit no Certame de poemas de amor de Foz no 2014, por Xa non hai máis.
  • Gañadora do IX Certame de poesía erótica Illas Sisargas no 2014, por O episodio.
  • Segundo premio do Certame Literario Rosalía de Castro da A. C. Rosalía de Castro de Cornellà no 2014, por Test de embarazo positivo.
  • Gañadora da sección de Poesía no X Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia Rosa de Cen Follas, por Habitación compartida no materno-infantil.
  • Segundo premio no Certame de poesía en lingua galega Manuel María da Casa de Galicia en Guipúscoa en 2018.
  • Premio Educa Abanca como Mellor Docente de España na categoría de Formación Profesional en 2018 no posto número 7.

A autora na Rede

Ficha da autora na AELG: https://www.aelg.gal/centro-documentacion/autores-as/veronica-martinez-delgado

Canal You Tube Veronica Martínez Delgado: https://www.youtube.com/@veronicamartinezdelgado1338

Caderno da crítica : Literatura galega. Blog de Ramón Nicolás. Manuscritos: Verónica Martínez Delgado

Breve autopoética:

"O que escribo é por riba de todo honesto e sincero. Falo de mundos oníricos, dolorosos, cotiás... Normalmente, é unha poesía sensorial, emocional, excesiva, chea de imaxes. A dor e as referencias artísticas son unha constante na voz que fala xunto coas paisaxes vividas e coa saliva. Sempre hai un momento para as obsesións, para o erotismo e o sexo máis puros, para lembrar con nostalxia o pasado e o futuro perdidos.

A emoción convértese en concepto no tacto. É intenso o achegamento á esencia do visible, á mestura da dor e do pracer, á paixón sen medida."

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X