Estás en:Emprego Novas

Rocío Leira

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Rocío Leira

Rocío Leira

Rocío Leira Castro (A Pereiriña, Cee). Licenciada en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela, desenvolve o seu labor dirixindo un centro de formación para universitarios en Santiago de Compostela.

Conta cun gran número de premios e galardóns, e cultiva a narrativa e a poesía, e en maior medida a literatura xuvenil.

Obra

Narrativa

  • Veleno en familia (2019). [GAL/17517]
  • A afogada (2021). 

Narrativa infantil e xuvenil

  • Universo Pitágoras (2013). [GAL/11453]
  • O becho que quería comer á avoa (2015). 
  • Trescatorcedezaseis (2020). [N 869.9 LEI tre / a]
  • Cicuta para dous (2022). 

Poesía

  • Obituario (2016). Ilustracións de Heitor Picallo.
  • INEM (2016). 

Obras colectivas

  • Pico Sacro. Ferido polo lóstrego e a lenda (2017). [GAL/13617]

Premios

  • Finalista do VIII Premio de novela por entregas La Voz de Galicia no 2008, por Os crimes do morcego.
  • Premio de poesía Díaz Jácome no 2009.
  • VIII Premio Valle Inclán de narrativa no 2009, por A murcha madame Bovary.
  • XI Premio de narración curta Concello de Marín no 2010, por Folerpas de nostalxia.
  • Finalista do X Premio de novela por entregas La Voz de Galicia no 2010, por Xogo de nenos.
  • Premio de relatos Boca da Ría da Sociedade Artística Ferrolana no 2011, por No berce da apocalipse.
  • Segundo Premio de poesía Anduriña Voandeira no 2012, por Os haikus das estacións.
  • Segundo premio do Seminario de Estudos Comarcais no 2012, por "Desorballando o tempo"
  • VII Premio de poesía Concello de Mugardos no 2013, por Noite sin trincheiras.
  • VI concurso de poesía Mulleres do Noso Tempo no 2013, por Ti es.
  • VI Premio de novela curta Vila de Negreira no 2013, por Cita con Lola.
  • VII Premio de poesía Terras do Chamoso no 2013, por Mensaxes cifradas.
  • Segundo Premio do XIV Certame Literario Frasquita Larrea no 2014, por Despierta.
  • XXII Certame Xaime Illa Couto no 2014,na modalidade de relato curto, por Querida mamá.
  • XIII Premio de narración curta Concello de Marín no 2014, por Alopecias nas paredes.
  • Segundo Premio do XV certame de poesía Anduriña Voandeira no 2015, por Sísmica interna.
  • XVIII Premio de poesía Feliciano Rolán no 2015, por O último camiño ata nós.
  • XXIX edición do Certame Rosalía de Castro de Cornellà no 2016 por Lume no peito.
  • IV certame de Poesía Xosé M. López Ardeiro no 2016, por Obituario.
  • XX edición do Premio Avelina Valladares Núñez de poesía no 2016, por INEM.
  • Segundo premio no Premio de Novela Vilar Ponte en 2018, por Veleno en familia.
  • Certame de Narración Curta Ánxel Fole en 2020.
  • Premio Jules Verne de literatura xuvenil en 2022, por Cicuta para dous.

A autora nas redes

Ficha da autora na AELG 

La Voz de Galicia [Entrevista

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X