Estás en:Emprego Novas

14 de febreiro: cita a cegas coas lecturas

Chegou o 14 de febreiro! Unha data celebrada e deostada a partes iguais, pero na que, sexas da opinión que sexas, na Biblioteca non nos resistimos a sacar todo o arsenal de novelas, películas e música romántica para amenizar esta data. Traémosche varias propostas!

14 de febreiro: cita a cegas coas lecturas

CITA A CEGAS

Déixate sorprender por algún dos libros sorpresa que empaquetamos para ti. Novidades literarias que seguro que están entre as túas listas de pendentes. Elixe un a cegas e lévao contigo á casa para pasar esta data. E cando o remates, cóntanos como foi a túa cita cubrindo a enquisa que che proporcionamos co libro e deixándoa no buzón.

20240214_142929.jpg

20240214_150737.jpg

GUÍA DE LECTURA DE NOVELA ROMÁNTICA

O 14 de febreiro celébrase o Día dos Namorados e na Biblioteca decidimos facer unha guía de
novela romántica para que coñezades algunhas das obras que temos. Organizámolas de forma
cronolóxica desde a década dos anos noventa ata o de agora, xa que este ano cumprimos o noso 30 º aniversario no edificio da rúa Rego de Auga.
O Día de San Valentín é unha tradición que vén de antigo e que xurdiu, segundo algúns
historiadores, do festival romano de tres días coñecido como as Lupercales, celebrado a mediados de febreiro co fin de aumentar a fertilidade.
 A partir da chegada do Cristianismo ao Imperio, esta festa pagá reconverteuse nunha festa relixiosa en favor de San Valentín.
Valentín foi un sacerdote que desafiou ao emperador Claudio II o Gótico casando en segredo a mozos, o cal estaba prohibido para que os mozos se alistaran no exército. Unha vez foi
descuberto, foi arrestado e confinado nun alxube, ata que o 14 de febreiro de 269 d.C. foi
lapidado e decapitado. Posteriormente, o 14 de febreiro, o día do seu martirio, foi declarado como o día de San Valentín.
Aínda que en 1969, baixo o pontificado de Pablo VI, San Valentín foi eliminado do calendario
católico, o recordo da súa historia foi utilizado para o consumismo durante a segunda metade do século XX.
20240214_143351.jpg

LIBROS SOBRE O AMOR NA EBIBLIODACORUNA

Na biblioteca dixital atoparás un carrusel de San Valentín con novelas románticas e outros libros sobre o amor… Elixe un para pasar o día soñando…

 

AMORES DE PELÍCULA

Pásate pola Sala 1 e elixe entre a selección de películas para pasar un momento romántico e divertido. Temos unha boa selección, seguro que atopas algunha que aínda non viras.

LECTURAS DE MIL AMORES

Na Biblioteca Xuvenil temos unha selección de lecturas sobre o amor, e unha guía de lectura que podes consultar para elixir o libro que máis se adapte aos teus gustos. 

recuncho romantica xuvenil.jpeg

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X