Estás en:Emprego Novas

“A provincia que sabe” conquista o público profesional de Donostia

Produtores locais e o Restaurante Balarés viaxaron á cidade guipuscoana da man da Deputación para promocionar o seu traballo no evento "A Coruña cos 5 sentidos"

Os asistentes desfrutaron dos sabores e saberes da provincia, con diferentes produtos que representan a súa diversidade e autenticidade

“A provincia que sabe” conquista o público profesional de Donostia

O emblemático hotel donostiarra "Nobu" foi onte o escenario de presentación de "A provincia que sabe" nunha xornada na que a Deputación da Coruña exhibiu a riqueza turística e gastronómica da provincia, da man de diferentes produtores locais e do Restaurante Balarés, de Ponteceso, que ofreceron a un público profesional produtos de calidade cociñados pola chef Silvia Facal.

A cita comezaba cun showcooking a base de produtos de quilómetro cero como os berberechos do Anllóns, as verdinas de Coristanco, os longueiróns de Fisterra ou o polbo de Mugardos, maridados con vermús Lodeiros, viños da provincia, de Choiva Viños e cervexas de Estrella Galicia. Continuaba coa sobremesa na terraza, a cargo de Cafés Lúa, que puxo os cafés; Licores Bello Blanco, co licor café; queixo Galmesán e a tarta de améndoa de Vila Sen Vento.

Os produtores salientaron a grande oportunidade que supón para eles poder exhibir o seu traballo en espazos tan relevantes e profesionais como este, onde conseguiron contactos comerciais e onde tamén tiveron a oportunidade de darlle visibilidade ás súas marcas ante un sector da restauración con moito interese polos saberes e sabores da provincia. Foi o caso de A Despensa d´Lujo; Licores Bello Blanco; Choiva Viños; Empanadas Costumes de Galicia; Cafés Lúa; Vila sen Vento; Vermús Lodeiros; MEGA Estrella Galicia e Queixo Galmesán.

"Queremos exhibir a nosa provincia en foros moi específicos, da man de chefs e produtores que son a nosa mellor marca", apuntou o vicepresidente. "Neste sentido, Donostia é un mercado moi atractivo, onde mirarnos como sector turístico e gastronómico, e tamén onde vender turismo.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X