Estás en:Emprego Novas

Ana Varela Miño

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Ana Varela Miño

Ana Belén Varela Miño é unha poeta e tradutora galega nacida no concello de Narón.
Licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo e na actualidade traballa como tradutora e intérprete da Administración de Xustiza no TSXG.
Traduciu ao galego textos de Edgar Allan Poe e contos de Virginia Woolf. Tamén verteu ao castelán poemas de Antía Otero. En 2017 gañou o Certame de Poesía Francisco Añón con "Asombrario", o seu primeiro libro, e en 2019 obtivo o VI Premio Gonzalo López Abente con "Onde nacen as hedras".

Obra

Poesía
• Asombrario, 2017. Concello de Outes. [GAL/10242]
• Onde nacen as hedras (2019). Edicións Xerais. eBiblio

Traducións
• Edgar Allan Poe (2002). Berenice e outros relatos. Tradución ao galego de Ana Varela Miño. Ir Indo Edicións.
• Antía Otero (2018). "Yo escribo en...galego" [escolma de poemas]. En Nayagua: Revista de poesía, 3(27), 91-103. Tradución ao castelán de Ana Varela Miño. Fundación Centro de Poesía José Hierro.
• Virginia Woolf. Relatos de Virginia Woolf. Tradución ao galego de Ana Varela Miño. Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego.

Premios
• Certame Francisco Añón (2017), por Asombrario.
• VI Premio de Poesía Gonzalo López Abrente (2019) por Onde nacen as hedras.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X