Estás en:Emprego Novas

A Deputación adxudica por 856.000 euros a segunda fase das obras de mellora da DP-1105, que une Noia, Lousame e Boiro

Tras completar a renovación dos primeiros 5,5 quilómetros da estrada, no termo municipal de Noia, os traballos seguirán agora ata o quilómetro 13 nos concellos de Lousame e Boiro

Na súa visita a Noia o pasado 30 de outubro, Formoso anunciou a continuidade das obras "nun vial fundamental para vertebrar as comunicacións da comarca de Barbanza"

A Deputación adxudica por 856.000 euros a segunda fase das obras de mellora da DP-1105, que une Noia, Lousame e Boiro

Visita do presidente e o alcalde de Noia á estrada, o pasado mes de outubro

A Deputación da Coruña vén de adxudicar por 856.890 euros a execución da segunda fase da mellora da estrada DP-1105, que conecta os municipios de Noia, Lousame e Boiro. O pasado xoves formalizouse a sinatura do contrato coa adxudicataria, Francisco Gómez y Cía, S.L. Abriuse así un período dun mes para a firma da acta de traza de planta. Neste último acto fixarase a data de comezo das obras, dentro das seguintes semanas.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, avanzou en Noia a finais de outubro pasado a intención de darlle continuidade á renovación da estrada, logo de que se completara a mellora dun primeiro tramo de cinco quilómetros en Noia. Agora, finalizado o procedemento de licitación, darase inicio ás obras, que nesta ocasión se desenvolverán nos concellos de Lousame e Boiro, entre os puntos quilométricos 5,5 e 13.

Os traballos suporán a renovación da plataforma da estrada mediante o estendido dunha capa de mestura bituminosa en quente de 5 centímetros de espesor. Tamén se inclúe a roza das marxes, a apertura e limpeza de beiravías e cunetas, o pintado das marcas viarias, bordes e pasos de peóns e a renovación da sinalización horizontal.

Con esta nova actuación, a Deputación suma 1,5 millóns de euros de investimento para completar a mellora integral dunha estrada que Formoso definiu como "fundamental para a vertebración das comunicacións da comarca de Barbanza" e que rexistra un importante volume de tráfico diario.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X