Estás en:Emprego Novas

Día da Poesía na Biblioteca Provincial

21 de marzo, Día Mundial da Poesía

Día da Poesía na Biblioteca Provincial

Día Mundial da Poesía

O Día Mundial da Poesía, celebrado cada ano o 21 de marzo, conmemora unha das formas máis prezadas da expresión e identidade e lingüística da humanidade. Como apunta a UNESCO, a poesía, practicada ao longo da historia en todas as culturas e en todos os continentes, fala da nosa humanidade común e dos nosos valores compartidos, transformando o poema máis simple nun poderoso catalizador do diálogo e a paz. 

Na Biblioteca queremos celebralo convosco, e para iso preparamos:

  • Unha Degustación de poesía: deleitate cun bocado de poesía, e se che gusta, lévate o libro de onde o seleccionamos para seguir desfrutando na casa...
  • Recuncho temático: cunha seleción de libros de poesía que podes atopar no servizo de préstamos.
  • Poesía na eBiblio: preparamos unha selección de obras para ler en dixital aquí
  • Club de lectura dixital: "Cartas de Emily Dickinson : un campo minado". Acabamos de empezar esta interesante lectura sobre unha das poetas universais máis relevantes. Podes entrar coas túas claves da eBiblioDaCoruna aquí, e se non as tes, solicita de balde a túa alta aquí.

Sobre a orixe do Día da Poesía

A UNESCO adoptou por primeira vez o 21 de marzo como Día Mundial da Poesía durante a súa 30ª Conferencia Xeral en París en 1999, co obxectivo de apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e fomentar a visibilización daquelas linguas que están en perigo.

O Día Mundial da Poesía é unha ocasión para honrar aos poetas, revivir tradicións orais de recitais de poesía, promover a lectura, a escritura e o ensino da poesía, fomentar a converxencia entre a poesía e outras artes como o teatro, a danza, a música e a pintura, e aumentar a visibilidade de poesía nos medios. A medida que a poesía continúa unindo persoas en todos os continentes, todos están convidados a unirse.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X