Estás en:Emprego Novas

EBIBLIODACORUNACLUB: "Cartas de Emily Dickinson: un campo minado"

eBiblioDaCoruna Club Lector é un espazo en liña para ler, comentar e compartir lecturas, tanto en castelán como de autores galegos, tendo en conta a actualidade, intereses e gustos dos participantes. É un club virtual de lectura da Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña dirixido a todas as persoas lectoras usuarias das bibliotecas municipais da provincia da Coruña.

EBIBLIODACORUNACLUB:

Como parte da conmemoración do Día da poesía o vindeiro 21 de marzo, dende o 18 de marzo estaremos lendo no Club de Lectura Dixital  "Cartas de Emily Dickinson : un campo minado"

As cartas que escribiu Emily Dickinson pódense dividir en dous grandes rubros: as que se dirixen a familiares e amigos en xeral, por unha banda; e as de amor (ao titor, ao home, á amiga máis próxima), xunto coas que buscan guía e desenvolvemento poético, por outro. Esta selección epistolar, considerada de especial interese pola súa incursión na prosa, pertence ao segundo grupo. Inclúense misivas dirixidas a catro dos seus moitos correspondentes: o Mestre, (probablemente o reverendo Charles Wadsworth), o xuíz Otis P. Lord, o seu mentor T. W. Higginson e a súa amiga a señora J. G. Holland. Aínda que os textos seleccionados non se concentran na súa vocación e destino, na súa consagración á poesía, cuxa forza obrigou de certo modo á autora para converterse nunha moza reclusa e suspender por completo a interacción social, abordan aspectos interesantísimos da súa maneira de ver o mundo e deixan ver un profundo universo creativo.


Desde o propio club de lectura dixital podes prestar o libro e comentar, citar ou conversar co resto de participantes.
1. Entra no CLUB DE LECTURA DIXITAL https://ebibliodacorunaclub.odilotk.es
2. Identifícate coas claves da EBiblioDaCoruna
3. Entra na sala correspondente "Compartiendo lecturas" dedicado a lecturas en castelán
4. Presta o libro dentro do apartado Contido.
5. Desfruta da lectura e comenta e comparte cos teus compañeiros e compañeiras.

Para poder formar parte deste club de lectura virtual é preciso primeiro formar parte da biblioteca dixital EbiblioDaCoruna que é a biblioteca dixital da Deputación da Coruña para todas as bibliotecas públicas e municipais da provincia da Coruña.

Podes solicitar a túa alta de balde premendo aquí.

Pertencer ao club lector non ten ningún custo, e está aberto a que poidas usalo as 24 horas do día os 365 días do ano.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X