Estás en:Emprego Novas

Aurora Lestón Mayo

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Aurora Lestón Mayo

Aurora Lestón Mayo

María Aurora Lestón Mayo é unha filóloga, investigadora e escritora de Muros.

Ademais da súa labor de investigación, cultiva a literatura para lectores de todas as idades, en gran parte centrada na escrita sobre textos mitolóxicos ou lexendarios.

Obra

  •  O Vákner e o dragón (Toxosoutos, 2011) [GAL/15489]

A orixe da lenda do vákner no territorio próximo a Cee e Fisterra xa foi estudada exhaustivamente, especialmente polo investigador Fernando Alonso Romero. Lonxe de desestimar as súas conclusións ao respecto, neste traballo propoñemos unha alternativa que ata o momento non semella ter sido considerada, e que relaciona o misterioso vákner cunha das criaturas máis cativadoras da mitoloxía occidental.
Para esta análise, partiremos dunha hipótese inicial: a posibilidade de que a lenda galega do vákner se referise nos seus estadíos iniciais a un dragón. Para establecer esta hipótese, tivemos en conta a máis que particular semellanza etimolóxica entre o nome vákner e o nome do dragón máis famoso da cultura xermánica e escandinava, Fáfner. Tendo en conta as relacións históricas entre o territorio do noroeste peninsular e outras culturas e os numerosos paralelos que existen entre as lendas de distintos pobos europeos, intentaremos demostrar que esta é unha hipótese plausible.

  • Mariquiña (O fogar das palabras, 2014)

Mariquiña vai para cinco anos. Ten un irmán máis vello que enreda moito con ela, un irmán máis novo que lle dá bastante a lata e un peto de pana de cor vermella cun reloxo na barriga que lle gusta un mundo. Pásanlle tantas cousas no día que non dá feito a contalas. E por iso só conta as que son importantes de verdade.

  • Lendas e contos da bisbarra de Santiago (Medulia, 2023)

Santos andadeiros e mouros subterráneos, touros asisados e arrepiantes dragóns, raíñas arteiras, reis durmintes e bispos algo atravesados. Todos converxen no universo mítico da comarca de Santiago de Compostela. Esta pequena compilación mergúllase nunha variedade de textos históricos, códices e achegas orais, á procura de todos estes relatos, coa idea de lembrar unhas lendas e descubrir outras. Para, en fin, disfrutarmos desta riqueza, e para constatar unha obviedade: temos moito conto.

A autora nas Redes

Perfil da autora en Dialnet

La Voz De Galicia [Entrevista

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X