Estás en:Emprego Novas

Cultura da Deputación ratifica o seu compromiso co teatro na presentación da gala dos María Casares

A deputada Natividade González lembrou as liñas de axuda que o seu departamento concede ás asociacións das artes escénicas, "que entendemos que son imprescindibles para o sector, pero tamén unha mostra das nosas obrigas, como administración, coa cidadanía"

Dezanove espectáculos chegan como finalistas á velada que se celebrará o 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña

Cultura da Deputación ratifica o seu compromiso co teatro na presentación da gala dos María Casares

O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acolle este xoves, ás 20.30 horas, a gala de entrega dos XXVIII Premios de Teatro María Casares, unha iniciativa da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) que conta co apoio da Deputación. Presentouse esta mañá na casa do Concello coruñés, nunha rolda de prensa na que participou a responsable provincial de Cultura, Natividade González, a quen acompañaron a actriz Sara Fandiño, directora artística da gala; Gonzalo Castro, concelleiro de Fomento e Promoción da Cidade; Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e Eva Fórneas, vicepresidenta da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG).

González ratificou o compromiso do seu departamento coas artes escénicas: "Sobran os motivos para apostar polo teatro, e así o noso compromiso con estes premios e coa Asociación de Actores e Actrices de Galicia segue intacto, pois a área de Cultura da Deputación mantén abertas liñas de axuda que entendemos que son imprescindibles para o sector, pero tamén unha mostra das nosas obrigas, como administración, coa cidadanía, á que lle facilitamos o acceso ás vosas creacións e producións".

A deputada puxo tamén en valor os María Casares, "pola súa necesidade e tamén pola súa relevancia, pois non hai mellor recoñecemento que estes premios para toda a profesión teatral no noso país". "Os dezanove espectáculos finalistas", afirmou, "poñen o seu talento e o seu esforzo para levar esta arte ao mais alto e son unha oportunidade fantástica para gozar dela, e máis neste mes, onde está tan presente, nos escenarios nacionais e internacionais, co gallo da celebración do Día Mundial do Teatro, o 27 de marzo".

Finalistas

Dezanove espectáculos competirán como finalistas nos XXVIII Premios de Teatro María Casares. "Unha inimiga do pobo", de Talía Teatro, acada 9 candidaturas e "Hamelin", de Redrum Teatro, consegue 6, polos 5 das montaxes do Centro Dramático Galego (CDG) "Shakespeare en Roma" e "Un hotel de primeira sobre o río", e de "O auto do Castromil", de Producións Teatrais Excéntricas en coprodución co CDG

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X