Estás en:Emprego Novas

Vimianzo acolle a presentación dos datos do Informe de Coxuntura Económica

Trátase dun documento editado polo Club Financiero de Santiago coa colaboración da Deputación no que se realiza unha radiografía completa da realidade económica da provincia da Coruña, tanto a nivel comarcal como municipal.

A Casa da Cultura foi o escenario escollido para darlle a coñecer á poboación os datos da realidade socio económica tamén da comarca da Terra de Soneira, coa presenza da alcaldesa e deputada provincial, Mónica Rodríguez; o presidente do Club Financiero de Santiago, Roberto Pereira, e parte do equipo redactor do documento.


"Segundo se pode comprobar neste informe, a provincia da Coruña reforza a súa posición de liderado da poboación e a actividade económica e industrial de Galicia. Seguir crecendo economicamente reflicte unha sociedade en progreso constante", sinalou Mónica Rodríguez.

Vimianzo acolle a presentación dos datos do Informe de Coxuntura Económica

A Casa da Cultura do Concello de Vimianzo acolleu hoxe a presentación dos datos do Informe de Coxuntura Económica, ICE, un documento editado polo Club Financiero de Santiago coa colaboración da Deputación da Coruña no que se realiza unha radiografía completa da realidade económica da provincia, tanto a nivel comarcal como municipal.

A poboación puido coñecer así da man de parte do equipo redactor os datos da realidade socio económica tamén da comarca da Terra de Soneira. Estiveron presentes a alcaldesa e deputada provincial, Mónica Rodríguez; o presidente do Club Financiero de Santiago, Roberto Pereira; e como comentabamos anteriormente, parte do equipo redactor: Maite Cancelo, profesora de Economía Cuantitativa; María Bastida, profesora de Organización de Empresas e Comercialización, e Miguel Ángel Vázquez Taín, profesor de Facenda Pública e Sistemas Fiscais.

O documento ten estrutura en cinco bloques principais: territorio e recursos naturais, poboación, mercado de traballo, estrutura produtiva (PIB, sectores produtivos, demografía empresarial) e sector público (facendas locais, gastos e investimentos municipais).

Mónica Rodríguez, subliñou que "segundo se pode comprobar neste informe, a provincia da Coruña reforza a súa posición de liderado da poboación e actividade económica e industrial de Galicia. Seguir crecendo economicamente reflicte unha sociedade en progreso constante", e agradeceu "tanto ao CFS e ao seu director, que hoxe nos acompaña, como ao equipo redactor polo seu inmenso esforzo e tamén, como non podía ser doutro xeito, á Deputación da Coruña, por contribuír e apoiar a que se continúen realizando estudos destas características".

Pola súa banda, o presidente do CFS, Roberto Pereira, indicou que "o ICE elabórase con cifras anuais desde 2016 ata 2022, e conforma un documento imprescindible para a análise e toma de decisións, xa que achega información valiosa sobre a nosa realidade". Adiantou tamén que o equipo redactor xa traballa na seguinte edición, que amosará os datos de 2023. "Os informes están dispoñibles na nosa web para a súa consulta de balde no apartado de 'Proxectos'.


Ligazón de descarga: Informe de Coyuntura Económica

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X