Estás en:Emprego Novas

Uxía Blanco

#AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Uxía Blanco

Uxía Blanco

María Eugenia Dolores Blanco Iglesias, máis coñedica como Uxía Blanco, nada en Loxo, Touro, é unha actriz e presentadora galega, licenciada en Xeografía e Historia.

Comezou sendo actriz de teatro nos 70, dando o salto á gran pantalla na década de 1980. Protagonizou a primeira longametraxe en lingua galega, Sempre Xonxa de Chano Piñeiro. Logo virían outras películas, como Huidos (1993) de Sancho Gracia, Contar (1994) de Manuel Abad ou A lingua das bolboretas (1999), adaptación ao cinema da man de José Luis Cuerda dun relato da obra de Manuel Rivas, Que me queres, amor?. Participou en Luar como presentadora e levou o programa de actualidade cinematográfica da Televisión de Galicia, DeZine desde 1997. Tamén presentou As viaxeiras da Lúa.

Filmografía

Filmes

  • Sempre Xonxa (1989), de Chano Piñeiro. Como Xonxa. [791 SEM (ñ)]
  • Huidos (1993), de Sancho Gracia. Como María.
  • Contar (1994), de Manuel Abad. Como Muller.
  • Hermana, pero ¿qué has hecho? (1995), de Pedro Masó.
  • A lingua das bolboretas (1999), de José Luis Cuerda. Como Rosa. [791 LIN (ñ) e 791 LEN (ñ)]
  • Tierra del Fuego (2000), de Miguel Littin. Como Madre Silveira.
  • Dagon (2001), de Stuart Gordon. Como Nai de Ezequiel.
  • Joc de mentides (2003) (TV), de Lluís Zayas.
  • A velocidade funda o esquecemento (2005), de Marcelo Schapces.
  • Mis estimadas víctimas (2005) (TV), de Pedro Costa. Como Carmen.
  • Somne (2005), de Isidro Ortiz. Como María Ruiz.
  • A Atlántida (2005) (TV), de Belén Macías. Como Asunción Mihura.
  • Hotel Tívoli (2006), de Antón Reixa. Como Mabel.
  • Contar de memoria (2006), de Marcelo Schapces.

Curtametraxes

  • Atlántico Express (1995), de Alber Ponte. Como Filla.
  • Lorca, Santiago y seis poemas gallegos (1999), de Alber Ponte.
  • Alzheimer (2000), de Álex Sampayo. Como Comisaria Europea.
  • Galáctea: A conquista da via láctea (2001), de Cora Peña.

Televisión

  • Mareas vivas (1998). Como Helena. Televisión de Galicia.
  • Cuéntame cómo pasó (2001). Como Esperanza. La 1 de Televisión Española.
  • Manolito Gafotas (2004). Como Sita Espe. Antena 3.
  • Serramoura (2014-) (Televisión de Galicia). Como Teresa.

Presentadora

  • Luar (1992). Colaboración. Televisión de Galicia.
  • Dezine (1998). Televisión de Galicia.

Teatro

  • Ollares de perfil (Teatro libre do Brasil)
  • The Days Before.

Galardóns e nomeamentos

  • Premio Zarauz do público por Sempre Xonxa.
  • Premio Agapi á mellor interpretación feminina pol' A lingua das bolboretas.
  • Premio Agapi ó mellor programa de Televisión de Galicia por Dezine.
  • Premios Mestre Mateo
  • 2002 Mellor comunicador de televisión Dezine Nomeada

A protagonista nas redes

  • https://culturagalega.gal/avg/persoas_detalle.php?Cod_prsa=26&nome=uxia%20blanco
  • https://www.facebook.com/profile.php?id=100067712313862
  • https://twitter.com/BlancoUxia
  • https://www.instagram.com/uxia.blanco_actriz/
Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X