Estás en:Emprego Novas

Carolina Iglesias (@percebesygrelos)

Carolina Iglesias (@percebesygrelos)

Carolina Iglesias

Carolina Iglesias Mosquera​ (Oleiros) é coñecida como Percebes e Grelos nas redes sociais, cómica, guionista e youtubeira. En 2021, foi recoñecida co Premio Marcela e Elisa polo seu traballo a favor do dereitos LGTBI+.

Trasladouse a Madrid para dedicarse aos monólogos e estudar Lingua e literatura española na Universidade Complutense (UCM). Paralelamente aos seus estudos, formouse como guionista na Escola de Cinema e Televisión Septima Ars, na Escola Superior de Comedia (EOC), na compañía teatral Jamming e en Factoría do Guión.

En 2014, Iglesias publicou o relato "Amor de mierda" que se incluíu no libro Vloggers Now!. Dirixiu e escribiu a curtametraxe Solo pienso en ti, que presentou ao Notodofilmfest, e protagonizou o curtametraxe Prólogo a una primera cita de Jorge López Ania.

En 2017, comezou a copresentar o programa de radio Yu: No te pierdas nada, e traballou en programas como Zapeando, El siguiente, Operación Triunfo, ou Hora yutuber.​ Tamén protagonizou un espectáculo teatral chamado 'Que vuelva Fotolog' xunto á tamén youtuber Esty Quesada (Soy una pringada).

O 18 de setembro de 2019, empezou a publicar na súa canle de Youtube #UnaCañaCon, un espazo de entrevistas.​ Ese mesmo ano, Iglesias foi a condutora dos XVII Premios Mestre Mateo.

Desde maio de 2020, presenta Estirando el chicle, un pódcast creado xunto a Victoria Martin (Living Pose).​ Tamén en 2020, estreou en Youtube xunto a Victoria Martín Válidas, unha webserie sobre dúas cómicas pasando un mal momento. Iglesias e Martín escribírona e protagonizaron.

En 2021, Iglesias comezou a colaborar no programa Tarde lo que tarde, de Radio Nacional de España, nunha sección de comedia semanal xunto a Henar Álvarez.

Obra

  • El amor, qué movida (Hidroavión, 2018) [GAL/12455]

Así describe o libro a propia autora: "Digamos que nos separamos por unha diferenza de opinións: eu quería estar con el e el comigo non. Necesitei tempo para entendelo e ese tempo é este libro. O problema é que ese duelo xa o pasei e non me sentía ben publicando algo que xa non sentía tan intenso. Por iso, decidín comentar os meus poemas do drama vivido en 2017 un ano despois, un exercicio terapéutico que recomendo a todo o mundo."

A creadora nas Redes

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X