Estás en:Emprego Novas

O Plan Único da Deputación inviste en Melide máis de 400.000€ en 2024

A deputada de plans provinciais, Cristina García, estivo esta mañá no concello de Melide onde, ademais, visitou algunhas das obras do Plan Único acompañada do alcalde, José Manuel Pérez Penas, o concelleiro Xesús Pereira a o deputado Xosé L. Penas

A finais de 2023 o pleno da Deputación aprobou a fase inicial do plan por un total de 50,5 millóns de euros para toda a provincia

O Plan Único da Deputación inviste en Melide máis de 400.000€ en 2024

A deputada de plans provinciais e asistencia a municipios, Cristina García, e o deputado provincial Xosé L. Penas visitaron esta mañá o concello de Melide. Acompañados do alcalde, José Manuel Pérez Penas e o concelleiro Xesús Pereira, presentaron o Plan Único para este concello, que contempla un investimento de máis de 400.000€ e un total de 50,5 M€ para toda a provincia.

Creado en 2017, o Plan Único, "deixa atrás os plans finalistas e promove unha maior autonomía municipal" explica Cristina García. "Agora son os gobernos dos concellos quen, en función das súas circunstancias, deciden cales son os proxectos prioritarios. Isto responde á realidade do noso país e da nosa provincia, xa que temos concellos con necesidades moi distintas e deste xeito a xestión dos recursos públicos é moito máis áxil e eficiente".

Trátase, ademais "dunha ferramenta pensada para mellorar o benestar e a calidade de vida da veciñanza, especialmente dos núcleos de poboación máis pequenos". No caso de Melide, nos últimos anos transferíronse a través do Plan Único preto de 7 millóns, que se destinaron a cubrir parte do gasto corrente, como alumeados públicos e limpeza viaria, e tamén a obras, como a mellora en diferentes rúas e estradas, a creación de sendas peonís como a de Sabián ou Folicheiro, a substitución do céspede artificial no Campo de Fútbol do Cire ou a obra na parroquia de San Salvador. Obras que visitaron esta mañá os deputados provinciais acompañados do alcalde e o concelleiro.

Cristina García apuntou, ademais, que "nos próximos meses previsiblemente aprobarase unha segunda fase do plan coa que agardamos poder superar a cifra total de 2023 e que habilitará unha nova partida e que incrementará o investimento nos concellos e lles permitirá avanzar en novos proxectos".

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X