Estás en:Emprego Novas

A Deputación presenta o calendario de actuacións do XXV Certame de Teatro Escolar e Afeccionado

Representaranse un total de 69 pezas teatrais, que comezan o venres 5 de abril, e rematan o sábado, 8 de xuño

O certame está organizado polo IES Rosalía de Mera, centro dependente da Deputación da Coruña

A Deputación presenta o calendario de actuacións do XXV Certame de Teatro Escolar e Afeccionado

A Deputación da Coruña vén de presentar o calendario de actuacións do XXV Certame de Teatro Escolar e Afeccionado, organizado polo IES Rosalía de Mera, centro dependente da institución provincial.

Representaranse un total de 69 obras, que comezan o venres, 5 de abril, coa representación da obra 'El sorteo de Cásina' de Cía Noite Bohemia, e rematan o sábado, 8 de xuño con 'El perro del hortelano', da mesma compañía.

Ao remate de todas as funcións, no mes de xuño, o Teatro Colón acollerá unha gala final de clausura para facer entrega dos premios do certame.

A entrada para todas as obras é totalmente gratuíta e a apertura de portas realizarase 10 minutos antes do comezo das actuacións.

Trátase dun certame de carácter provincial, aínda que está permitida a participación de entidades, compañías e centros educativos que non pertenzan á provincia da Coruña. Así mesmo, tamén poderán presentarse entidades, compañías e centro educativos de fóra de Galicia.

As obras pertencen a calquera xénero teatral nas categorías benxamín, infantil, cadete, xuvenil e sénior.

Podes consultar os horarios de todas as funcións na seguinte ligazón:

https://iesrosaliamera.gal/upload/recursos/cat_32/324/calendario%20publico%20xxv%20certame%20teatro%2020_03_2024.pdf?entradaActiva=[68,%2065]

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X