Estás en:Emprego Novas

Rosalía Morlán

AVoltaÁProvinciaEn52Autoras

Rosalía Morlán

Rosalía Morlán

Rosalía Morlán Vieites, de Trazo, mestra, escritora e enfermeira galega. É diplomada en Enfermería (DUE), traballa como profesora asociada na Facultade de Enfermería da USC e exerce de secretaria da fundación Neira Vilas.

Escribe poesía, en maior medida, para un público xuvenil. Dende hai anos vai aos colexios para falar de poesía con nenas e nenos de tres a catorce anos.

Obra

  • Nas rúas de Compostela (2016)
  • Camelias de amor (2021).
  • A coitada lúa (2010).
  • Estrelas de azucre (2012),
  • O castelo da Rocha Forte (2014).
  • Canta a lúa coas estrelas (2015).
  • O dragón Antón e o sapo Rosendo (2019). 
  • O libro do mundo dos soños (2013).
  • Cando o avó esqueceu o meu nome (2023) [P MOR can / v]

O avó esquece as caras dos seres queridos e queda perdido no mundo do nada onde o esquecemento lle rouba as ganas e os soños e agóchaos en caixas. A neta loita por el, colléndoo da man para que non se renda, e recupera esas lembranzas agochadas que compartiron para que non se perdan para sempre no fondo pozo da desmemoria.

Guía didáctica: premer aquí.

Premios

Mención de honra do Premio ARUME de poesía 2009 por A coitada da lúa

Premio de Poesía sobre la mar Brisa Marina 2011

Premio de poesía Hernán Esquío (2012 e 2018)

Accésit Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer 2022, por Cando o avó esqueceu o meu nome

A autora nas redes

https://www.farodevigo.es/ourense/2017/11/27/recital-poetico-rosalia-morlan-acompanada-16150366.html

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2021/07/04/forxa-literaria-homenajeara-pilono-rosalia-morlan/0003_202107D4C7997.htm

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X