Estás en:Emprego Novas

Día do Libro 2024

Programa de actividades que estamos a preparar para celebrar o Día do libro na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

Día do Libro 2024

O 23 de abril celébrase o Día do Libro, e por tal motivo preparamos unha serie de actividades para conmemorar esta data tan especial para nós:

22 de abril ás 10:00 h - A Biblioteca da Deputación coa provincia

As persoas lectoras do Concello de Coirós visitarán as nosas instalacións e fondos da man da súa biblioteca municipal.

23 de abril ás 12:00 h - Visita guiada

Coñece os tesouros e fondos destacados da biblioteca.
(15 prazas)
Anótate enviando un correo electrónico a: biblioteca.info@dacoruna.gal ou chamando ao 981 080 176 e deixando o nome e apelidos e un teléfono de contacto.

24 de abril ás 12:00 h - Formación eBiblioDaCoruna

Amosámosche as novas funcionalidades da eBiblioDaCoruna préstamo de contidos (libros, xornais, revistas, audiolibros) participación de clubs de lectura en liña ou aprender coas nosas pílulas dixitais.
(10 prazas)
Anótate enviando un correo electrónico a: biblioteca.info@dacoruna.gal ou chamando ao 981 080 176 e deixando o nome e apelidos e un teléfono de contacto.

26 de abril ás 18:30 h - Proxección de documental

"O médico dos pobres" de Federico A. Riobóo.

Sala Manuel López - ENTRADA LIBRE

22 AO 27 DE ABRIL - Luis Mateo Díez - Premio Cervantes 2024

• Mostra bibliográfica dos recursos do autor na Biblioteca César Antonio Molina.
• Recuncho temático dedicado ao autor nos espazos da biblioteca
• No Club de Lectura dixital da eBiblioDacoruna lemos e comentamos unha obra do autor.
• No obradoiro de lectura de adultos lemos "El reino de Celama"

Sabías que...?

Compartimos algúns datos curiosos sobre o por que da celebración deste día.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X