Estás en:Emprego Novas

A Deputación valora a inclusión dos petróglifos de Fontemoureira (Outes) no proxecto Parque Compostela Rupestre

O deputado de patrimonio e contratación, Xosé L. Penas, estivo en Outes coa deputada provincial Soledad Agra e o alcalde, Manuel González López

O proxecto Parque Compostela Rupestre une aos municipios de Ames, Brión, Santiago, Teo e Val do Dubra en torno ao patrimonio rupestre da Terra de Santiago

A Deputación valora a inclusión dos petróglifos de Fontemoureira (Outes) no proxecto Parque Compostela Rupestre

O deputado de patrimonio, Xosé L. Penas, visitou o concello de Outes acompañado da deputada provincial Soledad Agra e do alcalde, Manuel González López, para coñecer de primeira man os petróglifos que hai no concello e valorar a súa posible inclusión no proxecto Parque Compostela Rupestre.

Este proxecto, liderado pola Deputación, une diferentes municipios da Terra de Santiago en torno ao seu patrimonio rupestre, está integrado polos concellos de Ames, Brión, Santiago, Teo e Val do Dubra. No caso de que se cumpran os pertinentes requisitos, Outes sumaríase tamén a esta iniciativa que pon en valor a riqueza arqueolóxica da comarca.

Penas valorou moi positivamente os petróglifos situados en Fontemoureira, que "se axustan perfectamente a Compostela Rupestre xa que están en bo estado de conservación e limpeza", apuntou, "e, ademais, teñen habilitados os accesos e incluso se están facendo rutas dende o concello". Xunto cos petróglifos, avaliarase tamén a adhesión dos esgliptógrifos da Carballa: "que conforman o patrimonio de Outes, e que complementará os dos 5 concellos xa adheridos".

Para a adhesión de Outes ao Parque Compostela Rupestre, os próximos pasos son que o concello solicite formalmente a súa inclusión e posteriormente levalo ao pleno de Compostela Rupestre para valoralo tanto política como tecnicamente.

Visítanos en   Chámanos ao 981 080 509, escríbenos a  pel@dacoruna.gal , realiza unha consulta (formulario) ou solicita unha cita presencial X